28 de feb. de 2023

Día de Rosalía de Castro - 28 de febreiro

 

 Lemos a Rosalía!

Alumnado e profesorado xuntouse para ler poemas de Rosalía de Castro no seu día conmemorativo, o 28 de febreiro.

A alumna de 1º da ESO Yulliana Ilinova dibuxou a Rosalía de Castro, imaxe que se empregou para facer unhas pequenas libretas que se lle entregou ao alumnado como premio á súa participación no recitado de poemas da nosa escritora máis universal.



O voluntariado da biblioteca realizou un collage con varias imaxes da vida de Rosalía e fixo unha selección das súas obras para expoñelas no corredor do centro. Ademais decorou o corredor con imaxes e poemas de Rosalía.

                                                                




















16 de feb. de 2023

Día Internacional da muller e a nena na ciencia

Para conmemorar o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, o alumnado de 2º da ESO elaborou un xogo de cartas o cal consiste en emparellar un par de cartas. Nunha delas figura a imaxe dunha muller científica galega e na outra, información relevante da mesma.





















14 de feb. de 2023

San Valentín- Casamento dos paxariños

 
O día 2 de febreiro día da Candeloria, e segundo a tradición popular galega é o día do casamento dos paxariños, que simboliza o renacer da natureza pola proximidade da primavera. É unha festa adicada ao amor é a luz.

A actividade foi un completo éxito e alumnado e profesorado intercambiaron mensaxes e firmas de amizade na biblioteca do IES de Quiroga!


















13 de feb. de 2023

21 de Marzo- Día Mundial do Síndrome de Down

 O día 21 de marzo celébrase o día mundial do Síndrome de Down. Porén, os compañeiros/as de Down Ourense Elena, Jose e Vanesa viñeron ao noso IES para desmentir diferentes mitos arredor deste síndrome como que é unha enfermidade, que istas persoas nunca poderán ser autónomos/as ou que son eternos/as nenos/as. Ademais fixeron un xogo por grupos co alumnado de 1º da ESO para demostrar todo o que aprenderon durante a xornada. 












13 Febreiro- Día da radio

 Hoxe celebramos o día da Radio finalizando os preparativos para a nova radio do IES de Quiroga. A través dela, o alumnado levará a cabo entrevistas, haberá música en directo e ata o seu propio podcast!

Estade atentos/as que este curso está cheo de novidades da man da Radio na Biblio!







VISIBILIZANDO ÁS MULLERES 15ª SEMANA

SEMANA DO 13 Ó 17 DE FEBREIRO


 PISTA 1


PISTA 2


PISTA 3


PISTA 4


PISTA 5



10 de feb. de 2023

Vindeiras actividades do club de lectura. Atentas/os ao voso grupo!

 Estamos a piques de rematar os primeiros grupos do club de lectura. Aquí vos deixamos o calendario coas últimas actividades. Fixádevos cal é o voso grupo e esperámosvos na aula do club de lectura!