12 de out. de 2026

Planetario IES “A Pinguela”

Dende o departamento de xeografía e historia, o alumnado de 1º da ESO visitou o planetario do IES “A Pinguela”. Foi unha xornada moi agradable na que aprenderon de xeito dinámico e diferente! 


8 de out. de 2026


 O brindo é a forma de improvisación oral tradicional propia da montaña de Lugo. De gran difusión ata hai corenta anos a desaparición dos casamentos tradicionais nas casas levou tamén a que os ámbitos de uso do brindo foran diminuíndo... porén o próximo 26 de octubre o noso alumnado de 1º da ESO gozará dunha sesión formativa onde aprenderán todos os segredos da improvisación oral e, sobre todo, onde se convertirán nos novos brindeiros e brindeiras do século XXI!

7 de out. de 2026

Volvemos cun concurso!



Volvemos coas actividades cun concurso de narración de relatos de terror
!

Crea o teu conto ou escolle un relato dun autor ou autora e vén ata a biblioteca para facernos pasar moito medo... e xa de paso leva unha entrada para o Quimedo do próximo 24 de outubro!

Descubre como participar aquí:

Cóntame unha historia... de medo!

Co gallo da celebración do Samaín, o centro convoca un concurso de narración oral de historias de medo co obxectivo de fomentar a creatividade, a expresión oral e a capacidade do alumnado para transmitir emocións e crear unha atmosfera axeitada mediante a voz, o corpo e a palabra.

O concurso contará con dúas categorías, segundo a procedencia da historia narrada.

1. CATEGORÍAS

🖋️ CATEGORÍA A · HISTORIA DE CREACIÓN PROPIA

Nesta categoría poderá participar o alumnado que presente unha historia de medo creada por el mesmo.

A historia deberá ser orixinal e poderá inspirarse en lendas, tradicións, experiencias, lugares, personaxes ou motivos relacionados co terror, pero a narración presentada deberá ser de creación propia.

Valorarase especialmente a capacidade para:

·       Construír unha historia interesante e coherente.

·       Crear tensión e suspense.

·       Empregar recursos propios da narración oral.

·       Crear unha atmosfera de medo.

·       Interpretar os diferentes momentos e personaxes da historia.

·       Utilizar adecuadamente a voz, os silencios, os xestos e o corpo.

📚 CATEGORÍA B · HISTORIA DE AUTOR/A COÑECIDO/A

Nesta categoría poderá participar o alumnado que escolla unha historia de medo escrita por un autor ou autora recoñecido/a.

A obra poderá pertencer á literatura galega, española ou universal e poderá tratarse dun conto, lenda literaria, fragmento narrativo ou outra composición axeitada para a narración oral.

Antes da actuación, o/a participante deberá indicar:

·       Título da obra.

·       Autor/a.

·       Fonte ou procedencia do texto.

Nesta categoría non se valorará a capacidade para crear a historia, senón principalmente a capacidade para interpretala e convertela nunha experiencia de narración oral.

Valorarase especialmente a comprensión da obra, a interpretación dos personaxes e situacións, o uso expresivo da voz e a capacidade para crear unha atmosfera de medo.

2. COMO SERÁ A ACTUACIÓN?

Cada participante deberá contar a historia diante do público, evitando limitarse á lectura directa do texto. O espazo empregado será a biblioteca e contará cun máximo de 3 minutos dende o momento en que se lea o título.

Poderá empregar:

·       🎙️ Diferentes tons e volumes de voz.

·       🤫 Silencios e pausas.

·       👀 Mirada e expresión facial.

·       👐 Xestos e movementos corporais.

·       👤 Diferentes voces para os personaxes.

·       🕯️ Elementos sinxelos de ambientación ou atrezzo, sempre que non dificulten a narración e sexan obxectos permitidos no instituto.

O obxectivo non será simplemente dicir ben un texto, senón conseguir que o público entre na historia e sinta a atmosfera de medo.

3. DURACIÓN

Cada actuación terá unha duración máxima de 3 minutos. O xurado poderá penalizar e cortar as actuacións que superen significativamente o tempo establecido.

4. CRITERIOS DE VALORACIÓN

O xurado empregará os seguintes criterios:

Criterio

Puntuación

🗣️ Expresión oral: claridade, dicción, ritmo, fluidez e volume

20 %

🎭 Interpretación: capacidade para transmitir emocións e caracterizar personaxes ou situacións

20 %

🕯️ Creación da atmosfera de medo: tensión, suspense, silencios, ritmo e capacidade para manter a atención

30 %

👀 Expresión corporal: mirada, xestos, postura e movementos

15 %

❤️ Conexión co público e orixinalidade da posta en escena

15 %

Na categoría de creación propia

Engadirase á valoración a calidade da historia creada, tendo en conta a súa estrutura, coherencia, orixinalidade e capacidade para construír unha situación de medo.

Na categoría de autor/a coñecido/a

Valorarase especialmente a comprensión e interpretación do texto escollido, respectando o sentido da obra e realizando unha adaptación oral eficaz.

5. O QUE BUSCAMOS

O concurso non pretende premiar simplemente quen conte a historia «máis terrorífica». O xurado valorará especialmente a capacidade para conseguir que, durante uns minutos, o público: escoite, imaxine, sinta... e teña ganas de mirar para atrás.

Por iso, serán especialmente valoradas as actuacións que empreguen de maneira eficaz: A VOZ + O SILENCIO + A MIRADA + O XESTO + O RITMO + A IMAXINACIÓN

6. XURADO

O xurado estará composto por membros da comunidade educativa designados polo centro. As decisións do xurado serán adoptadas atendendo aos criterios establecidos nestas bases. O xurado poderá declarar deserto algún dos premios se considera que ningunha das actuacións acada un nivel suficiente de calidade.

7. PREMIOS

Estableceranse, como mínimo, os seguintes premios:

🏆 Premio á mellor historia de creación propia

🏆 Premio á mellor interpretación dunha historia de autor/a

O centro poderá establecer tamén mencións especiais para destacar aspectos concretos das actuacións, como:

·       🕯️ Mellor atmosfera de medo

·       🎭 Mellor interpretación

·       🎙️ Mellor uso da voz

·       👀 Mellor posta en escena

·       🧠 Historia máis orixinal

 

Os gañadores, ademais do premio correspondente, terán o privilexio de gravar o seu relato na radio escolar.

8. PARTICIPACIÓN

Poderá participar todo o alumnado do centro e a inscrición no concurso implicará a aceptación das presentes bases.

A organización poderá adaptar as condicións de participación ou introducir modificacións por razóns organizativas, comunicándoas previamente ao alumnado participante.

👻 E LEMBRA...

Non gaña necesariamente quen conte a historia máis sanguenta.

Gaña quen consiga que o público se esqueza de que está nun instituto... e comece a pensar que hai algo detrás del.

Dende BiblioQuiroga queremos agradecer ao Concello de Quiroga e á organización do Quimedo pola súa colaboración e a cesión das tres entradas que se darán de premio.
 


6 de xul. de 2026

Exposición de libros sobre LGTBI







Goza do verán cun libro na man!

 Biblioquiroga fixo a exposición de libros de verán para que a comunidade educativa poida disfrutar de lecturas no río, na praia ou á sombra da flora do Val de Quiroga. Que teñades un bo verán lector! 







15 de xuño de 2026

Felicidades polos éxitos acadados e a dalo todo na seguinte etapa que pronto ides comezar!

 O alumnado de 2º de bacharelato graduouse no Auditorio de Quiroga en compañía do profesorado que lle deu clase este ano e en cursos anteriores, así como en compañía dos seus familiares. 




Instrumentos musicais caseiros!

O alumnado de 2º da ESO elaborou, xunto coas súas familias, instrumentos musicais. A actividade foi proposta polo profesor de música e tivo moi boa acollida, tal e como se pode ver nos resultados obtidos. 














Rematamos o curso cunha actividade especial eclipse!

Dado que o vindeiro 12 de agosto imos poder divisar a famosa eclipse solar, no centro quixemos facer algo diferente polo que, a maiores da exposición de libros propia para a ocasión, visitáronnos os de Cine 360º e o seu planetario 3D. 





A nosa exposición titulada "Lendo o Ceo", está composta por libros interesantes de cara ao eclipse do vindeiro 12 de agosto! 



















Saída a Santiago de Compostela dos departamentos de física e historia

O alumnado de bacharelato saíu a Santiago. Cando chegaron, o grupo dividiuse en dous. O alumnado de física e química visitou o CIQUS e o alumnado de arte o CGAC. Xa pola tarde, todos xuntos, visitaron a Cidade da Cultura. 









Enquisa de valoración do Plan Proxecta Pasaporte Solidario

Cubre a enquisa para coñecer a túa opinión a cerca das actividades que se levaron a cabo para traballar no Plan Proxecta de Pasaporte Solidario. A continuación, establécese unha relación de ditas actividades para que recordes e observes todo o que fixeches ou todo o que fixeron os/as teus/túas compañeiros/as! Moitas gracias por colaborar. 

Enquisa Pasaporte Solidario

Ó longo de todo o curso, leváronse a cabo as seguintes actividades:

- Recollida solidaria de alimentos para o Banco de Alimentos de Lugo: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/recollida-de-alimentos-no-noso-ies.html

- Postales navideñas solidarias para colaborar con Cruz Vermella de Lugo: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/postais-navidenas-solidarias.html

- Obradoiro de RCP impartido pola Cruz Vermella de Lugo: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/01/

- 25N, mesturamos o negro co violeta: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/25-n.html

-25 N: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/12/do-tradi-o-trap.html

- Xornada intercentros educando en xustiza: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/02/educar-en-xustiza.html

- Xornada interxeracional no Centro de Día de Quiroga a través dun espectáculo de maxia e feitizaría: https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/12/xornada-interxeracional-no-centro-de-dia.html

- Día Mundial da Síndrome de Down. Entrevista na radio e charla de concienciación impartida por Luís Manuel Enríquez, pai da nosa alumna con Síndrome de Down: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/cando-diferenza-suma.html

- Exposición itinerante de arte infantil que percorre o mundo visibilizando o xenocidio: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/heart-of-gaza.html

- Voluntariado de Biblioquiroga visitou o centro de día de San Clodio para compartir unha xornada interxeracional a través de xogos de mesa: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/xornada-interxeracional-no-centro-de.html

- Visita da escritora Xulia Alonso co seu libro "Futuro Imperfecto". A través da temática das drogas (feitos reais), Xulia contou cada detalle da súa vida, deixando en cada un de nós unha gran lección que, sen lugar a dúbida, nos enriquecerá como persoas: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/visita-da-escritora-xulia-alonso.html

 - Día do Libro en colaboración coa asociación "Save the children": https://www.blogger.com/blog/post/edit/5927804930723701475/2539627479278804713

- Día da terra: recuperación da terra queimada prantando árbores autóctonas nos montes do noso val, os cales foron queimados o verán pasado: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/recuperacion-da-terra-queimada.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/02/charlas-ponte-entre-lumes-e-apelidos.html

- Traballamos contra o acoso escolar e o bullying coa presenza do escritor Álex Alonso e o seu libro "Bulliyng": https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/bullying-de-alex-alonso.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/6-de-novembro-dia-internacional-contra.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/02/ktorce-18-programa-para-prevencion-de.html

- Con motivo do Día Internacional da Hixiene Menstrual, leváronse a cabo actividades de sensibilización e información arredor da saúde e da hixiene menstrual dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/05/saude-e-hixiene-menstrual.html

O alumnado da ESO do IES de Quiroga participou no obradoiro "Menores, nin unha pinga", unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Alcol e Sociedade, que ten como principal finalidade previr o consumo de alcol entre os menores de idade: https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/05/menores-nin-unha-pinga_0165852649.html

- Lectura do noso alumnado no CEIP de Quiroga e na escola infantil da "Galiña Azul": https://www.blogger.com/blog/post/edit/5927804930723701475/6817159792244009808

A maiores, traballouse en colaboración co Proxecto Sen Vandalismo, co Plan director e co Plan Proxecta Quérote +, leváronse a cabo as seguintes actividades:

https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/10/obradoiro-de-senvandalismo.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/plan-director-25n.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/plan-director-prevencion-de-delitos.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2025/11/plan-proxecta-querote.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/querote-sexualidade-e-benestar-emocional.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/02/plan-proxecta-querote.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/03/querote-o-amor-romantico.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/04/plan-proxecta-querote.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/05/plan-proxecta-querote.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/05/plan-proxecta-querote_01863751288.html

https://biblioquiroga.blogspot.com/2026/06/ficha-8-do-querote-hoxe-damos-clase-nos.html

11 de xuño de 2026

Visita do alumnado de 6º de Educación Primaria ao IES

No día de hoxe tivemos a agradable visita do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Quiroga e do CEIP de San Clodio, que acudiron ao noso centro acompañados polas directoras dos seus respectivos colexios e pola orientadora educativa.

Para recibilos contamos coa inestimable colaboración de dúas alumnas voluntarias de 3º da ESO, que guiaron aos visitantes nun percorrido polas diferentes instalacións do IES, permitíndolles coñecer de primeira man os espazos que utilizarán o vindeiro curso.


O alumnado contou cunha charla de orientación académica, adaptada a este importante momento de transición entre a Educación Primaria e a Educación Secundaria Obrigatoria. Durante a sesión tamén se lles entregou un tríptico informativo con datos de interese para as familias, relacionado co funcionamento do centro, as características da etapa educativa, os canles de comunicación e coordinación co instituto, entre outros aspectos relevantes.

As alumnas e alumnos visitates desfrutaron dun tempo de lecer durante o recreo, compartindo espazos cos que serán os seus novos compañeiros e compañeiras o próximo curso, favorecendo así unha primeira toma de contacto coa comunidade educativa do IES.

Como peche da xornada, desde a Biblioteca do centro fíxoselles entrega dun agasallo moi especial de benvida: un marcapáxinas de madeira personalizado co seu nome gravado.




Foi un verdadeiro pracer contar coa vosa visita. Agardámosvos moi pronto e desexámosvos un excelente remate de curso!

10 de xuño de 2026

Charla de sensibilización sobre seguridade viaria

Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Seguridade Viaria, o 10 de xuño o alumnado da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha interesante charla impartida por Félix, formador en seguridade viaria da asociación AESLEME.


Ao longo da sesión abordáronse cuestións fundamentais relacionadas coa seguridade na condución e na mobilidade, facendo especial fincapé na importancia da prevención e na necesidade de adoptar comportamentos responsables tanto para protexer a nosa propia seguridade como a das persoas que nos rodean.

Tamén se reflexionou sobre as posibles consecuencias dos accidentes de tráfico, desde lesións de diversa gravidade ata a perda da vida, incidindo na importancia da concienciación e da toma de decisións seguras no día a día.

A actividade resultou de gran interese tanto para o alumnado como para o profesorado, que participou activamente e valorou moi positivamente a experiencia. A charla tivo unha excelente acollida e confiamos en que as aprendizaxes e reflexións compartidas durante esta xornada perduren no tempo, contribuíndo a fomentar hábitos seguros e responsables entre os nosos rapaces e rapazas.

Agradecemos a Félix e a AESLEME a súa visita e o importante labor de sensibilización que realizan a favor dunha mobilidade máis segura para todas e todos.