O IES Río Cabe de Monforte convidounos á súa actividade intercentros de oratoria. Asistiron 5 alumnos/as e, Naiara González Rodríguez, de 4º da ESO, obtivo o bronce na súa categoría. Parabéns!
30 de abr. de 2026
Xornadas de club de lectura en Santiago
Membros do club de lectura do IES, asistiron a Santiago á xornada do club de lectura. Esta contou, entre outros, coa presenza de Manuel Rivas, escritor galardoado nos Premios Club de Lectura 2026.
Xornada interxeracional no centro de día de San Clodio
Voluntariado de Biblioquiroga visitou o centro de día de San Clodio para compartir unha xornada interxeracional a través de xogos de mesa. Foi unha vivencia moi gratificante que repetiremos en canto poidamos!
29 de abr. de 2026
Quiroga, territorio literario!
O alumando de 4º da ESO, acompañado de Ramón, fixo o Roteiro Literario de Quiroga. Previamente, prepararon na aula os textos que nos facilitaron e, durante a saída, fóronos lendo. Foi unha saída moi interesante.
27 de abr. de 2026
Plan Proxecta: Quérote +
Durante a semana do 20 de abril o alumnado de 3º da ESO participou no desenvolvemento da Ficha 5 do Plan Proxecta Quérote+, centrada na reflexión sobre as relacións persoais e o uso da tecnoloxía.
Nun primeiro momento, o alumnado respondeu individualmente ao cuestionario valorando cada afirmación nunha escala do 1 ao 5 segundo o seu grao de acordo ou desacordo, e xustificando ademais as súas respostas de maneira razoada. Posteriormente, realizouse unha posta en común grupal na que os resultados foron recollidos na pizarra, permitindo observar visualmente se existía consenso ou diversidade de opinións dentro do grupo.
A partir desta análise desenvolveuse un debate participativo e enriquecedor, no que o alumnado puido expresar as súas ideas, argumentar diferentes puntos de vista e reflexionar de maneira crítica sobre o impacto da tecnoloxía nas relacións persoais e afectivas.
A actividade favoreceu a educación emocional e dixital, promovendo actitudes responsables, seguras e respectuosas nos espazos virtuais.
22 de abr. de 2026
"Bullying", de Álex Alonso
Álex Alonso visita o noso centro por medio dos Encontros literarios do Ministerio de Cultura. O alumnado de 1º e 2º da ESO, nos días previos á súa visita, traballou sobre a temática a tratar.
No propio día, tivo lugar unha entrevista que lle fixo o alumnado de 1º da ESO na radio do centro. O escritor firmou libros e contoulles a súa vivencia co mesmo.
Recuperación da terra queimada
Hoxe, Día da Terra, saímos a Paradapiñol a plantar árbores autóctonas. Despois dos incendios que asolaron a nosa comarca durante o pasado verán, aportamos o noso gran de area para recuperar a terra queimada. A continuación, visitamos os fornos da Cal. Esta actividade, organizada polo Concello de Quiroga en colaboración coa nosa biblio, está tamén inmersa no Plan Proxecta de Pasaporte Solidario.



.jpeg)
.jpeg)

.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)

.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
