25 de mar. de 2024

Limpeza da beira do “Río Quiroga”

E, mentres un grupo plantaba árbores, outro levaba a cabo tarefas de limpeza na beira do río, conmemorando así o día Internacional dos bosques e o día Mundial da Auga. Con estas actividades, o alumnado comprendeu a importancia da natureza na nosa vida e sensibilizouse sobre a necesidade de coidar  e a protexer o medio ambiente.
O alumnado traballou arreo enchendo bolsas de basura para depositalas no sitio correcto. Atoparon todo tipo de productos de plástico, papel, tela e lata. Graciñas ó concello por cedernos bolsas e luvas.


























Árbores autóctonas para os nosos montes!



O alumnado de 1º e 2º da ESO subiu ata “A Conchada” para levar a cabo unha plantación de árbores autóctonas, sendo neste caso carballos e castiñeiros. Foi unha actividade levada a cabo en base ó plan proxecta de Pasaporte Solidario no que estamos inmersos e en colaboración co Concello de Quiroga.





22 de mar. de 2024

Reunión Club de Lectura adultos

 As participantes do club de lectura reuníronse para falar sobre o libro A trenza. Esta obra relata a vida de tres. Mulleres en tres puntos diferentes so planeta e con vidas completamente diferentes: a India, Sicilia e Canadá. Cada unha delas loita por facerse un oco nun mundo no que ser muller non é tarea fácil e onde ao final do libro as tres historias entrelázanse como unha trenza.



Reunión Club de lectura- O caso do falso accidente

 


21 de mar. de 2024

DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

 O Día Mundial da Poesía é celebrado cada ano o 21 de marzo e para conmemorar este día  o alumnado de 1º de ESO compuxo acrósticos na clase de Lingua Castelá. Despois escribiu en cartolinas tanto eses poemas coma outros de escritores recoñecidos (Bécquer, Juan Ramón Jiménez, Gil de Biedma, Gloria Fuertes ...) e ilustráronos. Cos seus traballos fíxose unha exposición a carón da biblioteca.
















Ademais os voluntarios  e as voluntarias da biblioteca realizaron uns vídeos moi creativos nos que recitaban poemas de autoras galegas.

Poema de Luísa Villalta recitado por Nadira.

 
Vídeos realizados pola alumna de 4º de ESO de Ana Mateo
Poemas de Rosalía de Castro 
"Follas Novas"


Poema III de Cantares Gallegos


O voluntariado da biblioteca seleccionou obras de poetas galegas de todas épocas que expuxo no corredor que está a lado da Biblioteca.



21 marzo- Día do Síndrome de Down

  Hoxe e como cada 21 de marzo é o Día Internacional do Síndrome de Down. Para celebralo contamos na Radio do IES de Quiroga “Onda Brava” con Ledicia cunha alumna de 2º da ESO que ten Síndrome de Down e con Jose, mestre de pedagoxía terapéutica en Down Ourense. Nesta conversa, as participantes do Club de lectura Naiara e Carmen pregúntanlles en qué consiste exactamente este síndrome, como é traballar con estas persoas ou cales son os principais mitos. Ledicia ademáis cóntanos que ademáis de ir cada mañá a estudar como os demáis compañeiros e compañeiras, acude os luns a Ioga, os xoves a Aula 10 en Monforte de Lemos e os venres a Down Ourense! Queredes saber máis? Escoitade a entrevista completa!

Ligazón á entrevista completa








Como en cada entrevista, as alumnas preguntáronlle aos entrevistados cales son os seus libros favoritos e estas foron as respostas.





BIBLIOBOLETÍN PRIMAVERA 2024

 




















20 de mar. de 2024

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON XAVIER BLANCO

 O 21 de marzo coincidindo coa entrada da primavera , Xavier Blanco da Fundación LEGAR, impartiu un obradoiro de elaboración de instrumentos ancestrais. Este instrumentos foron feitos a partir de materiais que se atopan virxes na natureza como canas, carrabouxos, ósos, arxila ...

Neste obradoiro participou o alumnado de 2º e 3º de ESO  que quedou moi satisfeito cos instrumentos que fixeron e que ademais puideron tocar e levar para a casa.