31 de out. de 2023
Samaín
30 de out. de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, o lemas deste ano "Tecendo comunidades", para destacar o papel das bibliotecas na construción de lazos dentro das nosas comunidades.
Encontros Literarios - Manuel Núñez Singala
Este curso a Biblioteca do IES de Quiroga xunto co Club de Lectura participan no Proxecto "Encontros Literarios".
A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura pon en marcha a segunda parte do programa de actividades literarias en institutos e centros de Ensinanza Secundaria Obrigatoria para o 2023. Estos programas proporcionaron excelentes resultados ata o de agora. Non só contribúen a mellorar o coñecemento da nosa literatura, senón que supoñen unha oportunidade única para achegar a autores de recoñecida traxectoria aos centros de ensinanza.
Acudirá ao IES de Quiroga o vindeiro 30 de outubro Manuel Núñez Singala, que gañou o premio Clubs de Lectura 2023 por ser o escritor galego máis leído nas bibliotecas escolares durante o curso pasado. Autor da obra de teatro "Atranco no banco", que xa o pasado curso no Club de Lectura do IES de Quiroga foi unha das obras lidas no último trimestre.
- Lectura individual do libro en coordinación co Club de Lectura do IES de Quiroga.
- Lectura grupal de fragmentos do libro onde o alumnado leu e representou diferentes actos da obra e analizaron, entre todos e todas: que temas trata, cal é a estrutura do libro, diferencias entre unha obra de teatro e unha novela, que estereotipos aparecen en cada personaxe e analizaron a personalidade de cada un deles.
- Deseño dunha nova portada: formáronse varios grupos de deseño onde rediseñaron unha nova portada do libro dende distintos estilos como o manga ou a animación.
- Final alternativo: o alumnado formou varios grupos de guionistas onde tiveron que reescribir e representar un final alternativo para o libro que compartiron co resto da clase.
- Unha nova historia: Entre os 3 grupos reescribiron unha nova historia partindo do título do libro “Atranco no banco”. Desta forma, o alumnado de 1º ESO escribiu a introdución desta nova historia, 2º ESO A escribiu o nó e 2º ESO B a conclusión e final da historia.
- Entrevista na Radio “Onda Brava” do IES de Quiroga. Dúas alumnas foron as encargadas de escribir e realizar unha entrevista na Radio do instituto a Manuel Núñez Singala onde lle preguntaron pola súa vida de escritor, recomendacións de libros así como por temas nos que el profundiza nos seus libros como o uso do galego ou o seu traballo na Universidade de Santiago de Compostela.
- Charla Manuel Núñez Singala co alumnado de 1º e 2º da ESO. Onde falamos da importancia de coidar a nosa lingua, a sorte que temos os galegos de ter dous idiomas de xeito natural e de claves para ser escritor!
19 de out. de 2023
DÍA DAS ESCRITORAS. "O pracer, a ledicia e a risa das mulleres"
Este luns, 16 de outubro celebramos o Día das Escritoras, o lema deste ano é "O pracer, a ledicia e a risa das mulleres".
Desde o ano 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este día celébrase o luns máis cercano ao 15 de outubro, aniversario do falecimento de Teresa de Jesús.
Os voluntarios e as voluntarias da biblioteca, seleccionaron libros da biblioteca para realizar unha exposición de poetas, dramaturgas e narradoras galegas, de fala hispana e estranxeiras.
OBRADOIRO: INTRODUCIÓN AO ENSINO EN LIÑA
O alumnado de 1º de ESO levou a cabo durante as primeiras semanas de curso, un obradoiro de formación para o aproveitamento das TIC, a formación no dixital e a utilización da aula virtual. Ferramentas que serán moi útiles durante toda a súa Educación Secundaria!
9 de out. de 2023
Punto de Información Xuvenil
O vindeiro xoves 26 de outubro dende as 10.30 ata as 13.30 contaremos con Zoe, dinamizadora da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, que nos contará diversas oportunidades e beneficios cos que conta a xuventude galega: Erasmus, voluntariados, o carné xove e moitísimo máis.
Estade atentos/as!