20 de xuño de 2019

GOZA DO VERÁN CUN LIBRO NA MAN

Na Biblioteca xa temos preparadas a nosa "Maleta de Verán". Dentro dela van todas as nosas últimas adquisicións e quedanos algo pesada.
Axúdanos a que vaia máis lixeira, colle os teus libros para este verán.

GOZA DO VERÁN CUN LIBRO!!!!!!!!





Aquí vos deixamos as nosas recomendacións e un resumo das actividades deste trimestre.



BOAS VACACIÓNS!!!!!!

E
FELIZ VERÁN!!!!!!




5 de xuño de 2019

VISITA AO MUSEO DA BANDA DESEÑADA DE BRUXELAS



Outras das visitas que fixemos na nosa viaxe por Bélxica foi  ao Museo da Banda Deseñada de Bélxica, alí recibiunos Didier, un guía moi agradable e moi ameno, que nos explicou todo o que debemos saber sobre o cómic, os diferentes tipos de bandas deseñadas e as  numerosas técnicas.

Unha visita moi divertida e colorida.





O PARLAMENTO EUROPEO



O alumnado de francés de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato realizou unha viaxe cultural a Bélxica no mes de maio.
 Aproveitaron esta viaxe para visitar a sede do Parlamento Europeo en Bruxelas. Por iso no corredor principal do centro, o Equipo da  Biblioteca en colaboración cos departamentos de Economía e de Francés presentan unha exposición de carácter didáctico sobre a  Unión Europea, a súa historia, as súas institucións, os seus símbolos. A exposición ofrece ademais explicacións claras sobre o seu nacemento e funcionamento e presenta diferentes materiais  e documentos que a fan moi atractiva.







COMO ESCRIBIR UN LIBRO, COMO ESCRIBIR "PALABRA DE BRUXA"



O pasado 15 de maio tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca de Andrea Barreira Freije, para falarnos da súa obra Palabra de bruxa.
Andrea explicoulles ao alumnado de 1º e 2º de ESO  os recunchos da súa novela ao tempo que lles falaba de como se escribe un libro




O alumndo do club de lectura estivo conversando e entrevistando a Andrea.

Aí tedes o vídeo do resumo da actividade:



Finalmente, Andrea asinou algúns exemplares da biblioteca, do noso alumnado e do profesorado


O RECUNCHO DAS DONAS DO DEPORTE, DAS ARTES, DAS LETRAS E DAS CIENCIAS



Desde o inicio do curso o alumnado do Club de lectura, o Equipo de voluntariado e o Equipo da biblioteca, en colaboración co Proxecta "Donas de si",  realizou unha selección semanal de noticias de prensa nas que a figura principal fose a muller nos diferentes campos do saber.

Estes artigos están recollidos e expostos nun recuncho no corredor do primeiro andar do centro, ao lado da entrada da biblioteca.

Resumo da actividade:





ESPERAMOS ... seguir o vindeiro ano con esta actividade, que  nos resultou tan atractiva.

DESEXAMOS ... que a figura da muller sexa protagonista de novas en positivo.