Actividade de orientación do Departamento de Educación Física para o alumnado da ESO, presentada de forma lúdica e amena, na que estiveron implicada todos os departamentos do centro para facer un repaso do aprendido ao longo deste curso.
A actividade comenzaba no pavillón onde se lle entregaba ao alumnado un plano do centro (que previamente virán na clase) en branco no que se indicaba os lugares nos que estaban as pistas (biblioteca, ximansio, aula de tecnoloxía, entrada do centro, patio, audiovisuais, salón de actos...). As pistas consistían en tres preguntas das diferentes materias, que tiñan que responder. Os gañadores serían o equipo que antes rematase a proba contestando correctamente ás preguntas.