19 de dec. de 2024

Dinámica inicial

 Comezamos a completar os cadernos de fotografía a través dunha dinámica grupal inicial. Utilizando o banco de imaxes do Plan Proxecta Fotografía en curso, cada alumno/a elexiu unha fotografía e a pegou no seu caderno. A continuación, escribiron as súas expectativas e que esperaban aprender ao longo do curso.





17 de dec. de 2024

Facendo os cadernos de fotografía

 O alumnado de 3º ESO e 1º Bach formarán parte do Plan Proxecta Fotografía en curso. Aprenderán a facer retratos, a utilizar unha cámara e os seus parámetros, a coñecer o Xeoparque que os rodea e a deterse a retratar a paisaxe da súa contorna.

Pero para comezar, o primeiro paso foi facer un caderno de fotografía personalizado. Algúns utilizaron a técnica collage e outras ...

Os resultados foron extraordinarios.











10 de dec. de 2024

Comeza o Plan Proxecta: Fotografía en curso

 


Nesta primeira reunión explicóuselle ao alumnado participante de 3º ESO e 1º BACH en que consistirá o proxecto, que actividades se levarán a cabo e que se vai esperar deles. 
A participación e aceptación foi máxima!

Ademáis, xa se nomearon coordinadores das redes sociais do proxecto creando o Instagram de fotografía do IES de Quiroga:





5 de dec. de 2024

Entrega de premios concuros samaín e 25 N

Hoxé reuníronse na biblioteca os participantes e gañadores dos seguintes concursos organizados pola Biblioteca do IES de Quiroga:

CABAZAS POETAS SAMAÍN:

  • Gañadores: Diego, Unai e Ainara Rodríguez
  • Participantes:


CONCURSO DEBUXO, POESÍA E FOTOGRAFÍA POLO 25 N.

  • Gañadora modalidade debuxo: Aynara
  • Gañadora modalidade poesía: Aliany
  • Participantes:




 

3 de dec. de 2024

Reunión Club de lectura adultos- Un animal chamádo néboa


Hoxe reuníronse os membros do club de lectura de adultos para comentar a novela de Ledicia Costas Un animal chamado Néboa.
Todas as lectoras coincidiron en que foi unha lectura que lles gustou e que recomendarían xa que aborda temas da II Guerra Mundial dende unha perspectiva pouco común. A través de pequenos capítulos, non soamente relata a historia dunha muller vítima dun campo de concentración e os abusos e enganos que sofre senón que aborda ás víctimas da bomba nuclear, os enganos que sufriron os transportistas da bomba atómica etc.
Unha novela que non deixa indiferente. 
Excelente elección!





28 de nov. de 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN. O PASO DO NOROESTE

 Nos corredores do instituto dende o 19 ao 26 de novembro permanecera a exposición sobre o proceso creativo do cómic O paso do noroeste, adaptación da novela de Xavier Queipo.

A exposición presenta paneis informativos sobre o proceso creativo do cómic e debuxos  das diferentes etapas da creación. A actividade remata cunha charla o 27 de novembro do ilustrador Primitivo Marcos sobre a ilustración e Castelao.















27 de nov. de 2024

ROTEIRO LITERARIO "A ESMORGA"

 O 27 de novembro a alumnado de 4º de ESO acompañados pola súa profesora de galego e un guía da Oficina de Rurismo de Ourense percorreron os escenarios máis emblemáticos da novela de Eduardo Blanco Amor A esmorga, leron as placas que reproducían fragmentos desta obra.