Hoxe reuníronse os membros do club de lectura de adultos para comentar a nobela de Ledicia Costas Un animal chamado néboa.
Todas as lectoras coincidiron en que foi una lectura que lles gustou e que recomendarían xa que aborda a II Guerra Mundial dende unha perspectiva pouco común. A través de pequenos capítulos, non soamente relata a historia dunha muller vítima dun campo de concentración e os abusos e enganos que sofre senón que aborda ás víctimas da bomba nuclear, os enganos que sufriron os transportistas da bomba atómica etc.
Unha novela que non deixa indiferente.
Excelente elección!
Ningún comentario:
Publicar un comentario