25 de out. de 2021
DÍA DA BIBLIOTECA
24 de out. de 2021
FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS
Esta semana de outubro, coincidindo coa semana da Biblioteca, pois o 24 é o Día da Biblioteca, tivo lugar a "Formación de usuarios e usuarias".
Recibimos a visita do alumnado de 1º de ESO que foi recibido por un grupo e vouluntarias que lles explicou a organización e o funcionamento da biblioteca : como buscar, seleccionar e encontrar un documento, como interpretar unha etiqueta.
Mostráronlles a distribución e os recursos da nosa biblioteca.
Animáronos a formar parte do Club de Lectura e do voluntariadoda biblioteca.
17 de out. de 2021
DÍA DAS ESCRITORAS
O Día das Escritoras celébrase, desde 2016, o luns máis próximo á data do 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila, e este ano corresponde o luns 18 de outubro.
Para celebrar esta data o alumnado de 1º de ESO realizou diversas lecturas de escritoras galegas.
1º ESO B le Penélope de Xohana Torres.
14 de out. de 2021
A IGUALDADE NO RURAL
Con motivo do "Día Internacional da Muller Rural", o proxecta "Donas de Si", en colaboración con Biblioquiroga e EDLG, organizou unha actividade para reivindicar e recoñecer o labor das mulleres no rural, a través dunha exposición fotográfica titulada "A igualdade no rural", na que pretendemos render homenaxe e visibilizar todas as mulleres que participan activamente no desenvolvemento económico e social da nosa contorna.
Cada grupo de fotografías vai acompañado dun poema, texto ou canción referente á súa actividade.
12 de out. de 2021
VISIBILIZANDO AS MULLERES. 1ª SEMANA
Estamos de volta co noso concurso "Visibilizando as mulleres".
O proxecta "Donas de Si" e Biblioquiroga convocan un concurso para visibilizar as mulleres.