O Día das Escritoras celébrase, desde 2016, o luns máis próximo á data do 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila, e este ano corresponde o luns 18 de outubro.
Para celebrar esta data o alumnado de 1º de ESO realizou diversas lecturas de escritoras galegas.
1º ESO B le Penélope de Xohana Torres.
Erik e Carla len un poema de Rosaura e o mar, Isabel Blanco
Eva, Aarón, Alejandro e Martín len poemas de Poesía mínima, de Helena Villar Janeiro.
Leo e Iris len un poema de Denuncia do equilibrio, de Xela Arias.
Víctor e Borja len un poema de Uralita, de María Lado e Iria Pinheiro.
Por outra banda, os voluntarios e as voluntarias da biblioteca prepararon unha exposición de obras escritas por mulleres galegas, hispanas e de varias nacionalidades, que podemos encontrar na nosa biblioteca.
A TÁBOA DAS ESCRITORAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario