23 de feb. de 2022

19 de feb. de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, UNHA SAIA CHEA DE POEMAS E RETRATO FLORAL DE ROSALÍA

  O 23 de febreiro celebramos o aniversario do  nacemento da nosa poeta máis célebre,  Rosalía de Castro, para conmemorar esta data o IES de Quiroga decidiu vestir a imaxe de Rosalía cos seus poemas.

Aquí tedes algunhas imaxes da preparación da actividade.

Alumna voluntaria da biblioteca debuxando a imaxe de Rosalía.





Voluntariado de Biblioquiroga copiando os poemas que cubrirán a saia de Rosalía.
















O alumnado voluntario da biblioteca e algunha alumna do IES pegaron os poemas que cubren a saia de Rosalía.









O alumnado voluntario da biblioteca fixo unha selección das súas obras máis destacadas para facer unha exposición.






RETRATO FLORAL DE ROSALÍA
O Departamento de Plástica en colaboración co Departamento de  Galego realizaron o retrato de Rosalía  utilizando petalos de papel, nos que o alumnado escribiu palabras significativas da poesía da nosa poeta.






RECITAL DE POESÍA
O alumnado de 1º ESO recitou en diversos lugares de Quiroga fragmentos da poesía de Rosalía de Castro.

MIGUEL (1º ESO B)
ANTÍA E NOEMÍ (1º ESO A)

IRIS (1º ESO A)


NAIARA E KATIA (1º ESO B)


FERNANDO E GERMÁN ( 1º ESO B)


CLAUDIA E CARLA (1º ESO B)



LEO, NICO E MARTÍN (1º ESO A)

12 de feb. de 2022

VISIBILIZANDO AS MULLERES.5ª SEMANA

 SEMANA DO 14 AO  18 DE FEBREIRO

1º PISTA


2ª PISTA


3ª PISTA


4ª PISTA


5ª PISTA




8 de feb. de 2022

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O próximo venres día 111 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou este día en recoñecemento ao papel que desenvolven as mulleres na comunidade científica e na tecnoloxía. 

No IES de Quiroga tamén nos queremos unir a esta celebración para isto propoñemos ao alumnado que fagan uns debuxos coa temática "muller e nena na ciencia". Con cada un dos seus debuxos farémosvos unha chapa., ademais participarades nun concurso no que se premiara a orixinalidade, creatividade,....

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!



Unha mostra dos debuxos que o alumnado do IES realizou para celebrar o día da nena e da muller na ciencia. Quedáronlles ben bonitos!!! Nos vos parece?























O alumnado participante no concurso achegouse pola biblioteca para facer as súas chapas!!!






















2 de feb. de 2022

DÍA DO CASAMENTO DOS PAXARIÑOS.

 


Con motivo do día da Candeloria e de San Valentín a Biblioteca do IES e os proxectas do centro propoñen ao alumnado que escriba mensaxes de amor, amizade, ánimo e afecto aos membros da comunidade educativa. 

Na entrada do instituto teñen uns papeis nos que deixar a mensaxe e unha urna para depositalos. 

O día 15 o voluntariado da biblioteca repartirá polas aulas as mensaxes. 

 
Animádevos a escribir mensaxes!!!



Chegou o día de repartir as mensaxes!!! 

Hoxe o alumnado voluntario da biblioteca empezou a repartir as mensaxes de amor, amizade,... Foron moitos os rapaces e rapazas, e tamén algunha docente, que as recibiron.