31 de out. de 2020

SAMAÍN: CABAZAS POETAS

 Este ano debido a situación que estamos a vivir, temos que celebrar o Samaín dunha forma diferente, pero non menos divertida. 

Aquí tedes as primeiras fotos das cabazas poetas que participan no concurso de Biblioquiroga e de  EDLG





       





















MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR  💀👻👹!!!!!



26 de out. de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Cada 24 de outubro, desde 1997,  celebramos o Día das Bibliotecas, en recordo da destrución da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns. Este ano, baixo o lema “Bibliotecas, sempre ao teu carón” destacando a importancia das bibliotecas como lugar de encontro, ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.





En Biblioquiroga decidimos celebrar esta data cunha exposición de obras literarias nas  que as bibliotecas, as librerías, os/as  bibliotecarios/as, os/as libreiros/as, teñen unha presenza especial.




Eleanora é unha nena vampira que vive na biblioteca de Coímbra acompañada de 330 morcegos, dous deles son os seus axudantes nesta incrible aventura: “Xa” e “Mon”. Pero Eleanora non é unha vampira ao uso. O seu aspecto é diferente e os seus gustos culinarios xa non digamos!







No ano 2002, cando os talibáns se retiran de Afganistán, unha periodista experta en conflitos internacionais, Asne Seierstad, trasládese á capital do país para experimentar de primeira man a situación da sociedade afgana desa época. Alóxase na casa do libreiro Sultán Khan.










Novela que narra as actividades detectivescas de Guillermo de Baskerville para esclarecer os crimes cometidos nunha abadía beneditina no ano 1327. Axudado no seu labor polo novizo Adso, un home  novo que se enfronta por primeira vez ás realidades da vida, máis alá das portas do convento.




En  Auschwitz, Fredy Hirsch levanta  en segredo unha escola. Nun lugar onde os libros están prohibidos, a rapaza  Dita esconde baixo o seu vestido os volumes da biblioteca pública máis pequena, recóndita e clandestina que existira. No medio do horror, Dita non  se rende e nunca perde as ganas de vivir nin de ler porque, incluso nese terrible campo de exterminio, «abrir un libro é  como subir a un tren que te leva de vacacións».



Un amañecer de 1945, un rapaz é  conducido polo seu pai a un misterioso lugar oculto no corazón da cidade vella: o Cemiterio dos Libros Esquecidos. Alí, Daniel Sempere encontra un libro maldito que cambia o rumbo da súa vida e o arrastra a un labirinto de intrigas e  segredos enterrados na alma escura da cidade.








Esta novela é unha viaxe aos anos seguintes á  invención da imprenta,
cando un mercador de libros emprende a busca dun misterioso exemplar que foi roubado  da maior biblioteca de Occidente, creada en Sevilla polo fillo  de Cristovo Colón.






Unha historia situada nunha esquina repleta de libros no  Londres do século  XIX.
Unha marabillosa novela. Un retrato dos lugares nos que os libros e as historias te poden  transportar á  vida real. Unha xoia de libro para todos aqueles que algunha vez soñaron con ter un recuncho propio cheo de libros e  de soños…





Fahrenheit 451 é unha novela escrita en 1953 por Ray Bradbury. É unha distopía onde o autor pinta un mundo no que os libros están prohibidos. O protagonista pertence a unha brigada dos bombeiros encargada de queimar os libros existentes. O goberno considera que ler impide a felicidade ao encher á xente de angustia.
 Ao ler os homes fanse diferentes, cando deben permanecer iguais na ignorancia.




Laura Loire é unha libreira anticuaria que está a punto de cerrar a venda dun manuscrito do "Inferno" da Divina Comedia de Dante co que espera salvar o seu negocio. No  momento da operación, descobre que lle roubaron o valioso libro e que no seu lugar hai unha vulgar copia. 







Monsieur Picquier sempre di que un día sen ler  é un día perdido. Desde que tivo que vender a súa  librería para instalarse nunha  residencia, os libros non se moveron dos estantes do seu cuarto. Grégoire, un rapaz pouco amante dos estudos que acaba de deixar  o  instituto para traballar na cociña da residencia, descubrirá que o libreiro quedou cego. Non pode ler, así que o rapaz empezará a facelo por el e pronto un novo mundo se revelará ante os seus ollos.





O mozo, en aparencia, só quere devolver dous libros e rebuscar un pouco entre os estantes. Pero na sala de lectura encóntrase  co estraño bibliotecario, un ancián furibundo que o introduce no labirinto da biblioteca e alí, encérrao. Un pesadelo kafkiano e ao mesmo tempo unha sensible historia sobre a perda e a soidade.



21 de out. de 2020

POEMAS E CABAZAS. PARTICIPA

 Velaí van as bases para participar no concurso de cabazas!! 

Colle unha cabaza, decoraa e participa!!!


DÍA DAS ESCRITORAS


O alumnado do IES de Quiroga decidiu celebrar  o "Día das Escritoras" virtualmente, gravando uns vídeos nos que presentaban escritoras, novelistas, poetas, de diferentes partes do mundo e por outra banda lendo varios fragmentos de novelas, poemas... de obras literarias escritas por mulleres galegas.


MULLERES ESCRITORAS

Presentamos os primeiros vídeos, seguiremos subindo vídeos a medida que nos vaian chegando.


Sidonie- Gabrielle Colette, coñecida simplemente como "Colette", novelista, xornalista, guioista, libretista e artista de revista e de cabaré francesa.




Louise Glück, poeta estadounidense, premio Nobel de Literatura en 2020.




Fina Casalderrey, escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.




A continuación  tedes as vosas lecturas de escritoras galegas.


Suevia le "A xustiza pola man" de Rosalía de Castro.



Nadia le un fragmento da novela de Andrea Barreira Freije , Palabra de bruxa.



Un fragmento da obra de Ledicia Costas, A señorita Bubble,  é lida por Lúa.




Mirian, decidiu ler un fragmento da obra de Eva Mejuto, Memoria do Silencio.



16 de out. de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 Biblioquiroga en colaboración con Donas de Si e EDLG convoca un concurso para visibilizar as mulleres escritoras.


Aquí tedes as bases.

ANÍMATE E PARTICIPA!!!!