21 dic 2018

BO NADAL!!!!

Os gañadores do concurso de tarxetas de Nadal nas diferentes categorías foron:

  • 1º e 2º ESO.
     1º Premio: Susana Sánchez

             

  Accésit: Nicolás Losada.


  • 3º e 4º ESO.
                 1º Premio: Emma Casanova.
             






Accésit: Nerea Lemos.

  • Bacharelato.
                  1º Premio: Emily González.



Breve resumo do último día da primeira avaliación:















Que o Apalpador vos traia moitos agasallos!!!!!!!


BOLETÍN BIBLIOQUIROGA DECEMBRO 2018

Biblioquiroga presenta o seu boletín informativo coas novas adquisicións que podedes atopar na biblioteca. 




Velaquí tedes unhas posibles recomendacións para gozar no Nadal e agasallar as vosas amizades e familiares. 
A primeira avaliación deu para moito. Estas son algunhas das actividades realizadas por Biblioquiroga e Libromanía.

12 dic 2018

BO NADAL dende Biblioquiroga!!!


Estamos no mes de NADAL, tempo no que expresamos os nosos mellores desexos a xente que nos rodea e a que esta algo máis lonxe. Para elo hoxe en día usamos as TICS, pero non sempre foi así. Antes usábanse tarxetas de Nadal. Que ledicia cando recibiamos unha!! 
Anímate e fai ti unha!!! 
Deixamos as bases a continuación!!!
Pon a túa imaxinación e a túa creatividade a funcionar!!! 





 






30 nov 2018

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA


"CIENCIA É NOME DE MULLER"


Para celebrar o mes da ciencia, Biblioquiroga en colaboración con "Donas de Sí" organiza un concurso: "Adiviña quen é?". O alumnado debe adiviñar o nome das científicas galegas. As súas fotografías estarán distribuídas en diferentes lugares da planta baixa (corredor, biblioteca...). Estas levan incorporadas un código QR, que  proporciona información e pistas para descubrir o seu nome.



No corredor da planta baixa tedes unha exposición sobre diferentes obras da muller e a ciencia, que podedes consultar para adiviñar os nomes das científicas.






26 nov 2018

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O noso instituto realizou diversas actividades para commemorar esta data.


O CIM do Concello de Quiroga impartiu  un obradoiro para sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de loitar contra a violencia machista.





Ao longo deste mes, realizouse a recollida de diversos titulares de prensa sobre a violencia contra as mulleres que foron expostos no corredor do centro.



 ELABORACIÓNS DE MURAIS









7 nov 2018

SAMAÍN EN BIBLIOQUIROGA

Con motivo da celebración do "Samaín" en Biblioquiroga realizamos varias actividades
EXPOSICIÓN TERRORÍFICA!!!

O alumnado que forma parte do Equipo da Biblioteca realizou unha exposición de Banda Deseñada de terror


 


TERROR NA BIBLIOTECA!!!
O día 30 o Club de Lectura e Biblioquiroga decoraron a Biblioteca para poder celebrar o día 31 o Samaín.







                                






O alumnado de ESO e BACHARELATO tamén  realizou  unha serie de lecturas colectivas de lendas e poemas de terror en galego, castelán e francés.


















5 nov 2018

Día das Bibliotecas Escolares



Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, Biblioquiroga realizou unha serie de actividades.


  •  A realización dunha tarxeta de felicitación para a nosa Biblioteca, na que se recollían as últimas adquisición de libros de poemas, xunto cunha exposición “moi poética” dos libros.





























  • Todo o alumnado do centro celebrou este día facendo a súas recomendacións literarias, debuxando as portadas de obras , nas diferentes linguas (castelán, galego, francés). Todas foron recollidas nun mural: "E ti que les?"


Velaquí tedes o mural colectivo de Biblioquiroga. Cal será o premiado?









19 oct 2018

TEMPO DE LER


Chegou o OUTONO,
caen as follas,
chove na rúa, fai moito frío,
é tempo de quedar na casa,
é tempo de lecer,
é tempo de LER.

Dende a Biblioquiroga propoñemos estas novidades. 


DESFRUTADEAS!

19 sept 2018

Abrimos as portas cunha chea de novidades!

Neste novo curso van mudar algunhas cousas en Biblioquiroga: agora a xefa é Chelo, profe de francés, así que xa sabedes a quen tedes que dirixirvos para facer suxestións... ;-)
Aquí quedan un par de novidades para pasar de man en man:

27 jun 2018

A "nosa" biblioteca

Rematou o curso, ficou o corredor da planta baixa baleiro nos recreos... pero non sen rastro do alumnado, pois alí quedou a biblioteca interactiva que fomos enchendo todos os lectores e lectoras deste centro educativo, aos poucos, colocando cadanseu libro. Aquí tedes o resultado final desta xeira:



O lombo seleccionado como gañador de entre todos os elaborados -algúns de moitísima calidade, como veredes na imaxe- foi "Rêves amers", de Emma Casanova, alumna de 3º da ESO. Parabéns!
Moitas grazas a todas e todos por participardes nesta actividade tan creativa!


19 jun 2018

As que pasean máis libros de biblioquiroga

Hoxe unha pequena representación do alumnado que participou na redacción do noso xornal anual "O Eco do Val" desprazouse a Lugo, ata a sede de El Progreso, para recoller os premios que conseguiu en Escola de Prensa. A edición de "O Eco do Val" deste curso está a piques de saír do prelo, enseguidiña o teredes nas mans...



Estas son as nosas gañadoras este ano en canto ao número de préstamos da biblioteca: Elianny Burgos (2º BAC), Cristina García (1º ESO), Emma Casanova (3º ESO), Emily González (1º BAC) e Claudia Jiménez (1º BAC).
A ver se atopamos un oco neste vertixe de fin de curso para facer a entrega de premios...

E aínda hai máis de Abril de libros, maio de letras

Pois si, fóisenos acumulando o choio, pero todo vai saíndo.
Aquí tedes como vai enchéndose a nosa biblioteca virtual coas propostas do alumnado, e os carteis elaborados polo alumnado de Plástica de distintos niveis, en relación coa película de García Berlanga, El verdugo (nestes días vótase o mellor). Tamén queda aquí o enlace ao tríptico informativo da biblioteca, que foi actualizado este curso.