Xa comezou unha nova edición de Abril de libros, maio de letras!!!
Polo de agora, estamos montando unha biblioteca interactiva no corredor da planta baixa, elaborando fichas de autoras do ámbito francófono e carteis cinematográficos; estas dúas últimas propostas, do Dpto de Francés e do Dpto de Plástica, respectivamente. Dá gusto colaborar en proxectos tan chulos.
Proximamente, o alumnado do Club de Lectura irá ler aos coles da contorna, esperamos que con tanto éxito como o ano pasado.
Do concurso de "Respostas para Rosalía" quedaron gañadores: Aimar de 1º da ESO e Zaida de 3º da ESO. As dúas propostas, unha de creación propia e outra cos versos da propia autora, eran perfectas para dar resposta ao verso "E ben, para que escribo?", da autora galega máis coñecida:
Para entrar nos soños do pobo
e que soñen con estrelas
para xogar con sombras
agasallar con palabras
e criar pombas.
(Aimar Álvarez)
|
"Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo."
(Zaida Alves, versos de Rosalía)
|
E aínda que non demos conta polo miúdo del, tamén houbo este ano o xa tradicional concurso de
Disfraces Literarios. Cara ao 8 de marzo montamos a
exposición de materiais de lectura en relación coas mulleres, pero tamén temos outra en homenaxe a
Forges (Defensa de la Lectura).
E para pechar o 2º trimestre,
As aureanas viñeron representar unha versión de
Las literatas de Rosalía. Foi un éxito. Moitas grazas a tod@s, especialmente á directora, Eva F. Ferreira e ás dúas "participantes" do noso centro: Luisa, profe de galego, e Ariadna, alumna de 4º da ESO.
Había máis membros da comunidade escolar no escenario... algunha nai, por exemplo.
Grazas a todas, por traer á Rosalía reivindicativa e feminista para pechar o mes de marzo.