Xa está a piques de rematar o curso, e como outros anos dende a biblioteca pedimos ao alumnado e ao profesorado que realice unha pequena enquisa para valorar o funcionamento e sobre todo mellorar de cara ao vindeiro curso.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!!!
O pasado 16 de maio o IES de Quiroga celebrou o Día das Letras Galegas cun ameno e divertido festival, que se realizou no Auditorio que amablemente nos cedeu o Concello de Quiroga.
Cada curso aportou o seu traballo ao festival que foi todo un éxito, tivemos unha gran variedade de actuacións: Monólogos, Roteiros literarios, obras de teatro, actuacións musicais.
O festival comezou coa representación da obra teatral o Refuxio a cargo do alumnado de 2º de ESO
.
O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato ofreceunos un roteiro literario para darnos a coñecer a vida e a obra de Luísa Villalta.
Continuamos cunha obra de teatro protagonizada por alumnos e alumnas de 1º de ESO"Pechar o instituto". Esta obra foi escrita polos membros do Club de Lectura do IES de Quiroga.
.
Os alumnos de 3º de ESO, Alejandro e Sergio representaron a obra "Oficina de obxectos perdidos". Que perderían estes rapaces?
O alumnado de 2º e de 3º de ESO deleitáronnos coas súas dotes artísticas.
Por unha banda o alumnado de 2º de ESO que forma o grupo "Malas herbas" tocaron con frautas e xilófonos "Carmiña,Carmela" e " Eu chorrar, chorei."
E o alumnado de 3º de ESO forman o grupo "Leña verde" e tocaron "O galo".
Miguel de 3º de ESO fixo un monólogo "Os mosquitos"
Leo e Érik de 3º de ESO participaron con outra obra de teatro "Telefonía móbil"
Outra obra "Alicia no espello"representada por Ainara e Noelia de 3º de ESO.
O alumnado de 2º de ESO interpretou a obra de teatro "De Barcelona a Quiroga por consellos de amor·"
Pechouse o festival coa Banda de música do IES de Quiroga, que tocaron e cantaron duas cancións, unha ucraína "Hбbo" e outra das Fillas de Cassandra "Varre vasoira".
Por suposto temos que destacar o traballo realizado polas presentadoras Aitana e Araceli, alumnas de 4º de ESO e voluntarias da biblioteca. Así como polo traballo realizado por Rodrigo e Ana tamén de 4º de ESO e voluntaria, que se ocuparon dos recursos audiovisuais.
EXPOSICIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Os alumnos e as alumnas voluntarios e voluntarias fixeron unha exposición das obras de Luísa Villalta, que acompañaron de recortes de artigos de prensa nos que se fala da autora homenaxeada este ano.
O 12 de maio celébrase o Día Internacional das Mulleres Matemáticas, esta data foi escollida en honor á matemática iraní Maryam Mirzakhani, que de momento foi a única muller que recibiíu a Medalla Fields. O voluntariado da biblioteca para conmemorar esta data decidíu facer un traballo de investigación e facer unha exposición coas fichas que elaborou sobre varias mulleres matemáticas.
O 2 de maio, Día contra o Acoso Escolar, o voluntariado da Biblioteca e o alumno de 1º de ESO estiveron a facer carteis para colocalos a lado do punto laranxa do centro. Así mesmo fixeron lazos que repartiron entre todo o alumnado e persoal do centro, intentado concienciar dun grave problema que afecta a millóns de escolares.