22 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024. LUÍSA VILLALTA

 O pasado 16 de maio o IES de Quiroga celebrou o Día das Letras Galegas cun ameno e divertido festival, que se realizou no Auditorio que amablemente nos cedeu o Concello de Quiroga.

Cada curso aportou o seu traballo ao festival que foi todo un éxito, tivemos unha gran variedade de actuacións: Monólogos, Roteiros literarios, obras de teatro, actuacións musicais. 

O festival comezou coa representación da obra teatral o Refuxio a cargo do alumnado de 2º de ESO


.




O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato ofreceunos un roteiro literario para darnos a coñecer a vida e a obra de Luísa Villalta.





Continuamos cunha obra de teatro protagonizada por alumnos e alumnas de 1º de ESO "Pechar o instituto". Esta obra foi escrita polos membros do Club de Lectura do IES de Quiroga.


.























Os alumnos de 3º de ESO, Alejandro e Sergio representaron a obra "Oficina de obxectos perdidos". Que perderían estes rapaces?

















O alumnado de 2º e de 3º de ESO deleitáronnos coas súas dotes artísticas.
Por unha banda o alumnado de 2º de ESO que forma o grupo "Malas herbas"  tocaron con frautas e xilófonos "Carmiña, Carmela" e " Eu chorrar, chorei."


E o alumnado de 3º de ESO forman o grupo "Leña verde" e tocaron "O galo".


Miguel de 3º de ESO fixo un monólogo  "Os mosquitos"


Leo e Érik de 3º de ESO participaron con outra obra de teatro "Telefonía móbil"



Outra obra "Alicia no espello" representada por Ainara e Noelia de 3º de ESO.















O alumnado de 2º de ESO  interpretou a obra de teatro "De Barcelona a Quiroga por consellos de amor·"





Pechouse o festival coa Banda de música do IES de Quiroga, que tocaron e cantaron duas cancións, unha ucraína "Hбbo"  e outra das Fillas de Cassandra "Varre vasoira".




Por suposto temos que destacar o traballo realizado polas presentadoras Aitana e Araceli, alumnas de 4º de ESO e voluntarias da biblioteca. Así como polo traballo realizado por Rodrigo e Ana tamén de 4º de ESO e voluntaria, que se ocuparon dos recursos audiovisuais.


















EXPOSICIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Os alumnos e as alumnas voluntarios e voluntarias fixeron unha exposición das obras de Luísa Villalta, que acompañaron de recortes de artigos de prensa nos que se fala da autora homenaxeada este ano. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario