28 de abr. de 2023

Reto literario abril: O home que matou a Antía Morgade

 Reto de abril cumprido! Lemos o home que matou a Antía Morgade da autora Arantza Portabales! Unha novela de suspense ou intriga con protegonista feminina



Día Internacional das Rapazas nas TIC- 22 abril 2023

 O día 27 de abril celebramos o Día Internacional das rapazas nas TIC.  Unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.


O departamento de Tecnoloxía, en colaboración co Proxecta Donas de si e Biblioquiroga   organizou varias actividades para celebrar este día:

Unha exposición de libros relacionados que están esperando por vos na Biblioteca xunto cos dous novos libros adquiridos para o IES!


















Tamén tivemos un  Día de Scratch no recreo para achegar ao noso alumnado o mundo das TIC !!

 








E por último fixemos co alumnado de 2ºESO o Circuito de Protagonistas das TIC para dar a coñecer  e recoñecer o papel das mulleres no ámbito das TIC ao longo da historia e así motivar as nosas alumnas a seguir os seus pasos. Noraboa os gañadores : Germán, Hugo López e Lucho de 2º B e Miguel, Noelia e David de 2º A.







24 de abr. de 2023

Reunión do club de lectura

 Presentación das novas lecturas







Finalmente, o alumnado dividiuse en 3 grupos e escolleron os títulos: Diferente de Eloy Moreno; Dúas Moedas de Núria Tamarit e Atranco no Banco de Manuel Núñez Singala!











23 de abr. de 2023

Día día do libro- 23 de abril

 

A árbore da poesía


Feliz Día do Libro! O noso alumnado da ESO conmemorou esta data respondendo, en forma de haiku, á seguinte pregunta: "Que emocións experimentas cando les?". E ti, que responderías? Inspírate, se queres, nas nosas fotos! Con cada poemiña, a rapazada creou cooperativamente unha simbólica árbore da poesía. Non é marabillosa?






Sopa de letras de grandes escritoras









Concurso bookface


Ademáis a biblioteca organizou unha exposición de libros onde, por unha banda, explicouse a orixe desta conmemoración así como obras tanto de Garcilaso de la Vega, Shakespeare e Cervantes. Paralelamente, cada estante restante adicouse a escritoras galegas, fala hispana e fala non hispana, achegando á comunidade educativa a novas e clásicas lecturas.
















22 de abr. de 2023

Actividade do Club de lectura: Coñecendo a Arantza Portabales

 Este sábado algúns membros do club de lectura de adultos celebraron a semana do club de lectura acudindo á II velada literaria organizada pola Libreria Agrasar Monforte no Centro do viño Ribeira Sacra onde escoitamos e coñecemos a Arantza Portabales, autora da saga de libros onde Abad e Barroso son os protagonistas. Agora mesmo, estamos a ler no Club a súa última entrega “O home que matou a Antía Morgade”, o cal asinou con moito agarimo para a biblioteca do IES.

Contounos de onde xorde a idea de escribir unha saga de novela negra e policiaca, por que os seus capítulos son tan curtos ou por que o seu estilo se caracteriza por ter moita acción e poucas descripcións.

Ademais, explicou en que se inspirou para escribir os diferentes libros, o tema trasversal que quere tratar en cada un e por que é tan importante para ela explicar perfís tan diferentes como o de Abad, home maltratador e Barroso, muller forte e independente que aínda sabendoo non pode evitar esa atracción física cara o seu compañeiro.