22 de abr. de 2023

Actividade do Club de lectura: Coñecendo a Arantza Portabales

 Este sábado algúns membros do club de lectura de adultos celebraron a semana do club de lectura acudindo á II velada literaria organizada pola Libreria Agrasar Monforte no Centro do viño Ribeira Sacra onde escoitamos e coñecemos a Arantza Portabales, autora da saga de libros onde Abad e Barroso son os protagonistas. Agora mesmo, estamos a ler no Club a súa última entrega “O home que matou a Antía Morgade”, o cal asinou con moito agarimo para a biblioteca do IES.

Contounos de onde xorde a idea de escribir unha saga de novela negra e policiaca, por que os seus capítulos son tan curtos ou por que o seu estilo se caracteriza por ter moita acción e poucas descripcións.

Ademais, explicou en que se inspirou para escribir os diferentes libros, o tema trasversal que quere tratar en cada un e por que é tan importante para ela explicar perfís tan diferentes como o de Abad, home maltratador e Barroso, muller forte e independente que aínda sabendoo non pode evitar esa atracción física cara o seu compañeiro.






Ningún comentario:

Publicar un comentario