30 mar 2020

A RODAS DAS MULLERES CIENTÍFICAS


Nestes días de confinamento seguimos co noso pasatempo, desta vez vamos ao campo da ciencia.  A RODA DAS MULLERES CIENTÍFICAS





UN MUNDO DE LECTURAS


Nestes días de confinamento, queremos aportar unha serie de iniciativas e enlaces  para que gocedes do mundo da lectura.



  •  Fomento á lectura dende Facebook: con acceso a unha ampla lista.
  • Planeta de libros: dende a editorial Planeta, irán actualizando a lista de títulos dispoñibles a un "click".
  •  Un portal de clásicos: a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Sempre é un bo momento para ler Don Juan Tenorio, por exemplo.
  • Roca Editorial: con acceso a títulos de temáticas moi variadas: tenis, fútbol, nazismo, detectives... Tedes que pinchar en cada libro: algúns son gratuitos e outros teñen unha gran baixada de prezo no formato electrónico
  •  Blakie Books: autores comparten, voluntariamente e a través de Twitter, algúns dos seus libros en odf. O primeiro, James Rhodes con Instrumental.
  • Penguin Random: una vez a la semana regalarán audiolibros: uno para público adulto y otro para público infantil.
  • Editorial Anagrama: ofrece cinco libros electrónicos para comprar gratuitamente.
  •  Errata Nature: editoria que libera outros quince títulos máis, clasificados por temáticas e xéneros. Moi, moi interesante.
  •  Editorial Kailas: cada semana, tres novos títulos.
  •  Esdrújula Ediciones: selección de libros gratis (e algúns moi económicos).
  • https://dolmeneditorial.com/: indican que cada día ofrecerán un libro. 

Para os mais pequenos:


- Pintar-Pintar editorial: libros infantís, preciosos e ilustrados, para ler en rede e traballar a imaxinación dos máis pequenos da casa.



Para os amantes do cómic:


Editorial Hirukoa: hai moitos gratuitos e outros a precios módicos (entre os 0,99 e os 4,99 euros).

- Karras: cómic, cómic e cómis gratuitos en formato pdf ata o 30 de marzo.

- Astiberri ediciones: ofrece o cómic La balada del no




En galego:


-      https://blog.xerais.gal/catro-titulos-de-xerais-para-abrirlle-a-porta-a-lectura-en-galego/ Xerais pon a disposición das familias e do profesorado catro títulos en galego da literatura infantil e xuvenil.





Agradecemos ao blog de Julián Marquina e a Libromanía  a súas listas, que nos axudaron  a completar a lista . Ao final da entrada do seu blog, recopila tamén algúns autores que ofrecen algunha das súas publicacións: Rosa Montero, Juan Gómez-Jurado, Blas Ruiz Grau... Non deixedes de visitar o blog de Marquina!

23 mar 2020

A RODA DAS MULLERES:MÚSICA




Seguimos co noso pasatempo "A RODA DAS MULLERES" para facer máis amena a corentena, desta vez vamos a descubrir mulleres relevantes na MÚSICA


20 mar 2020

CONCURSO "A RODA DAS MULLERES"

Nestes días nos que temos que quedar na casa, dende Donas de Si e Biblioquiroga queremos propoñer un concurso para todo o alumnado e para toda a comunidade educativa do IES de Quiroga.

A RODA DAS MULLERES, o concurso consiste en descubrir o nome de mulleres relevantes nos diferentes ámbitos: ciencias, artes, literatura, deportes ...
Para poder concursar só tedes que descargar o formulario que encontraredes máis abaixo, cumprimentalo e envíalo ao seguinte enderezo electrónico:


O gañador/a será o que adiviñe máis mulleres no menor tempo.


A continuación podedes ver as pistas da primeira "Roda das mulleres", mulleres que teñen que ver coas letras e as artes.  E aí van as pistas da segunda "RODA DAS MULLERES" , neste caso son DEPORTISTAS


FORMULARIO PARA CUMPRIMENTAR




ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!! 

18 mar 2020

A RODA DAS MULLERES

Biblioquiroga e Donas de Si contribuimos este 8 de marzo, visibilizando o papel da muller nos diferentes campos (arte, literatura, ciencia, deporte...) a través do xogo "A RODA DAS MULLERES"










Biblioquiroga realizou unha exposición con obras donde a muller é a protagonista

















9 mar 2020

A MULLER NO DEPORTE

Co motivo do Día Internacional da Muller,  os departamentos de Educación Física e de Plástica propuxeron ao alumnado de 1º ESO que buscasen información sobre unha deportista relevante, unha vez obtida esta, co Departamento de Plástica realizaron uns muráis con imaxes e debuxo.

Aquí deixámosvos o resultado deste traballo.
Quedaron xenial!!!!!