22 de mar. de 2023

Actividade La bibliotecaria de Auschwitz- Existe cultura do odio?

  O alumnado do club de lectura que está a ler La bibliotecaria de Auschwitz xuntámonos para debatir en torno ao gran tema que aborda o libro: o odio.

Plantexámonos diferentes cuestións como:

Podería repetirse o Holocausto?

- Existe cultura do odio en España?

- Que consecuencias ten unha mensaxe de odio en redes sociais? E en persoa?

- Algunha vez escoitastes algún comentario de odio cara algún colectivo?

- Que podemos facer para deter este tipo de condutas?

Actividade: Análise de datos.

Entre todo o grupo buscamos e analizamos diferentes tuits de políticos e noticias de xornais sobre situacións de violencia cara diferentes colectivos (mulleres, inmigrantes, colectivo LGTBIQ+, etnia xitana, acoso escolar…) e estatísticas proporcionadas polo INE entre outros.

A conclusión á que chegamos foi que existe moitísimas condutas de odio, discriminación e violencia e que é responsabilidade de cada un axudar a frear dita situación ou contribuir a que continúe.










21 de mar. de 2023

Día Mundial do Síndrome de Down - 21 de Marzo

 O 21 de Marzo é o día do Síndrome de Down e para celebralo e en colaboración con Down Galicia e Down Ourense o alumnado e profesorado de 1º ESO B elaborou este vídeo para contribuir á campaña #nonsonunestereotipo falando da nosa alumna Ledicia!




Ademais, dende Down Ourense celebraron este día e o seu 20 Aniversario cun acto no Teatro Real de Ourense. A iste evento foron invitadas a orientadora e mestra de PT do IES como representantes do papel do IES de Quiroga. Neste evento, interviron tanto a nosa alumna Ledicia com a súa familia.





Día da poesía 21 Marzo- Obradoiro Noa Moreira

 Para celebrar o Día da poesía o alumnado do Club de Lectura e voluntarios/as da biblioteca asistiron a un Taller sobre Iniciación á poesía impartido pola poeta salcedana Noa Moreira.

Comezou a xornada cunha entrevista á poeta por parte das alumnas Claudia e Naiara onde fixeron preguntas como: algunha vez lle adicaste un poema a alguén? Pódese vivir da poesía? Ou Lígaches algunha vez grazas á poesía?







No obradoiro, recibimos á poeta cunha pequena sorpresa na que Katia e Carla recitaron parte do seu libro “Meteoro Imantado” acompañadas no piano pola coordinadora do club de lectura Aldara.





A continuación, durante o obradoiro alumnado e profesorado aprenderon as características da poesía, que é o que fai que un poema chegue ou non ao público e todos e cada un deles escribiron diferentes tipos de poemas: acrósticos, haikus… que leron e compartiron entre todos.









Finalmente e a modo de agradecemento, Noa regaloulles a cada un dos rapaces e rapazas un marcapáxinas feito por ela cun dos seus poemas escrito e asinou varios exemplares do seu libro tanto para a biblioteca do IES como para aqueles que o mercaron.










20 de mar. de 2023

Chicas nuevas 24 horas

  O pasado xoves o alumnado de 3º da ESO participou no Obradoiro que forma parte do proxecto de Mabel Lozano: chicas nuevas 24 horas.

Nel, o alumnado viu unha exposición de fotografías e un documental no que se visibiliza a actual situación de miles de mulleres vítimas de trata. Finalizou o obradoiro Cunha posta en común entre os diferentes grupos, que plasmaron nun mural os pros e os contras  dos diferentes roles que apareceron no documental.












17 de mar. de 2023

Reseña O diario Violeta de Carlota

  Hoxe tivemos a última reunión do libro O diario Violeta de Carlota (Gemma Lienas). Falamos sobre o que máis nos gustou como que falaba de situacións de desigualdade que lle pasa a unha persoa calquera, a forma sinxela de explicar ditas situacións, que nunca pensaran algúns dos detalles que viviron no seu día a día etc.

“O libro gustoume moito xa que trata dun tema que nunca lera. Tamén me gustou que puxera exemplos coa nai de Carlota ou coa súa avoa porque demostra que hoxe en día segue a existir o machismo e que é unha cousa que hai que falar dela e non escondelo e facer como se non existise. Recomendaríao porque o machismo non se pode esconder. A actividade do club que máis me gustou foi a da miña referenta”. Naiara 1º ESO.

“Gustoume porque demostra que hoxe en día todavía existe o machismo e que hai que detelo. Recomendaría o libro porque así a xente daríase conta de que todavía hai moito que facer. Gustáronme moito as actividades que fixemos, especialmente a de buscar situacións machistas do noso día a día”. Diana 1º ESO.

“Pareceume un bo libro porque ensina cousas e como é a realidade da maioría das mulleres, mostra a realidade. As cousas que ensina son moi importantes nos nosos dereitos, como aue nos temos que tratar por igual. Recoméndoo moito porque é moi bonito de ler e mostra coñecementos. Todas as actividades parecéronme moi divertidas. A que máis me gustou foi a de escoller unha referenta”. Xana 1º ESO

“En mi opinión el libro está muy bien ya que te enseña muchas cosas y además de que te informa sobre las cosas que pasan en tu alrededor y a lo mejor no te das cuenta. Este libro lo recomendaría porque a cualquier persona que lo lea le puede interesar y gustar mucho ya que nos habla de cosas que mos pasan actualmente y que son reales. Las actividades me encantaron, como en las que hablamos sobre el libro y mi favorita fue pegar nuestras fotos en la pared”. Isabella 1º ESO.

“A min gustoume moito o libro porque fala das cousas que lle pasan a alguén cada día e das situacións machistas que suceden. Recomendaríao porque te ensina moitas cousas que pasan día a día. Gustáronme moito as actividades que fixemos e a que máis a de pegar as fotos ca nosa referenta”. Paula 1º ESO

“A min gustoume moito porque fala sobre o machismo e está en contra. Con este libro dámonos conta de que en todo momento as mulleres sufrimos machismo por cousas que nos chaman, por como imos vestidas etc. Eu recomendaría este libro porque fala de todo o que pasamos”. Sara Vaz 1º ESO

“Gustoume moito porque mostra a realidade do que viven as mulleres cada día. Sorprendinme moito coa cantidade de cousas que as mulleres soportan cada día. Recomendo este libro porque creo que é moi importante que a xente vexa o que pasa e ademais é moi entretido. As actividades que fixemos no club estiveron moi divertidas e entretenidas”. Carmen 1º ESO.

“Gustoume porque agora xa sabemos algunhas situacións de acoso e podemos frear ditas situacións. Recomendaríao porque ensínanos o día a día das persoas e está moi chulo. As actividades gustáronme moito pero a que máis me gustou foi o da nosa referente e analizar as noticias”. Xiana 1º ESO

“Guatoume moito onlibro porque ao final é o día a día das persoas. Recoméndoo porque é moi interesante e aprendes sobre a vida dalgunhas persoas”. Lorena 1º ESO





8 de mar. de 2023

8 M - Día da muller

 

 8-M día da muller

O diario violeta de Carlota é un libro que analiza situación cotidiás de machismo que vive unha rapaza adolescente. 
Pero nós vivimos ditas situacións? Co libro como fío conductor e aproveitando o día da muller fixemos as seguintes actividades:

Análise de diferentes noticias de actualidade: investigamos cantas mulleres foron vítimas de violencia de xénero no que levamos de ano, o caso da detención do futbolista Dani Alves pola agredir sexualmente a unha rapaza, a violencia verbal a través das redes sociais a mulleres polo seu físico e a investigación realizada pola organización Save the Children: No es amor. Un análisis sobre violencia de género entre los/as adolescentes.
Que situacións machistas vivimos nós? Cada unha das rapazas escribiros nunha cartulina situacións de machismo que vivísemos recentemente. Comentámola entre todas e analizamos que podemos facer cando se nos presenten situacións similares.

Referentas! Cada unha das rapazas buscou a unha muller que considere referenta, sacouse unha foto con ela e explicaron ao resto por que a escolleran.

-Mural da igualdade: finalizadas as actividades anteriores decoraron e seu recuncho na aula do club de lectura con tweets, noticias, as situacións de machismo que detectaran e coas súas referentas.












5 de mar. de 2023

Reto literario- febreiro

  


Un mes máis do noso reto literario. Este mes, plantexamos por redes sociais tanto da biblioteca (@biblioquiroga) e do IES (@ies.quiroga) cales son os seus ensaios escritos por mulleres preferidos ou que recomendan. Aquí temos os resultados!