21 de mar. de 2023

Día Mundial do Síndrome de Down - 21 de Marzo

 O 21 de Marzo é o día do Síndrome de Down e para celebralo e en colaboración con Down Galicia e Down Ourense o alumnado e profesorado de 1º ESO B elaborou este vídeo para contribuir á campaña #nonsonunestereotipo falando da nosa alumna Ledicia!



Por outra banda, Ledicia xunto cos seus compañeiros Markus e Naiara prepararon o conto “Pepita es especial” e interpretárono diante dos seus compañeiros de 1º ESO A e B. A través da materia de lingua castelá contaron a historia de Pepita, unha nena con síndrome de Down e a súa irmá e irmán maior utilizando a nova adquisición da biblioteca para contar contos: o Kamishibai. Despois, o resto do alumnado fixo un Kahoot! onde tiveron que contestar preguntas en torno ao conto que acababan de escoitar e sobre o Síndrome de Down. Os tres gañadores recibiron un agasallo de chocolate moi especial polo seu esforzo!








E os gañadores do Kahoot foron…

Fabian, Xoel e Lorena de 1º ESO B

Tania, Marcos e Xana de 1º ESO A

Ademais, dende Down Ourense celebraron este día e o seu 20 Aniversario cun acto no Teatro Real de Ourense. A iste evento foron invitadas a orientadora e mestra de PT do IES como representantes do papel do IES de Quiroga. Neste evento, interviron tanto a nosa alumna Ledicia com a súa familia.





Ningún comentario:

Publicar un comentario