26 de dec. de 2022

MARCAPÁXINAS ILUSTRADO

 O alumnado de 3º ESO na materia de Proxecto Competencial en colaboración con Biblioquiroga e proxecta Donas de si, realizou un marcapáxinas onde, mediante un código QR se pode acceder a una selección de músicas compostas e interpretadas por mulleres do ámbito nacional e internacional. Ademais, tamén contamos coa axuda de Yulianna, unha alumna de 1º de ESO, que nos fixo un fermoso debuxo para ilustrar o noso marcapáxina.

Ao final deste trimestre o marcapáxina foi distribuído ao alumnado e o profesorado.



20 de dec. de 2022

HOMENAXE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Nestes últimos días do mes de Nadal realizamos o derradeiro acto destinado a homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán. Contamos para iso coa presenza do profesor D. Julio Pérez Veiga, autor da unidade didáctica distribuída nos centros de ensino co gallo do Día das Letras Galegas e colaborador en diarios como O Sil, Raigame ou Auria con artigos destinados a difundir a figura de Florencio.

O alumnado de 3º ESO participou na sesión co recitado de poemas do autor e co comentario de determinados conceptos encamiñados a aclarar algúns aspectos sobre a súa vida e obra.






15 de dec. de 2022

Comeza o club de lectura!

 As primeiras reunións do club de lectura están a piques de comezar:






Adultos/as preparádevos que comeza o club de lectura! 
A primeira reunión será o vindeiro martes 20 ás 10.30 na sala de audiovisuais do ES de Quiroga onde presentaremos o primeiro libro que imos ler: Esperando al diluvio de @dolores_redondo 
Ademais proporemos a primeira actividade do club: acudir á presentación de dito libro o mércores 21 de decembro en Monforte de Lemos! Coñeceremos á autora e pedirémoslle que nos asine un exemplar para a biblioteca.
Comezamos! 





13 de dec. de 2022

CONCURSO DE NADAL

  Chega o nadal e iso quere dicir que comeza unha nova edición do Concurso de Tarxetas de Nadal!

Que é o Nadal para ti?, é diferente o nadal para os homes e para as mulleres?, quen pide ser a dona do nadal?

Debuxa ou escribe a túa tarxeta e participa no novo concurso da Biblioteca do IES de Quiroga!


Aquí tedes as postais presentadas ao concurso, todas con moita calidade. Cales serán as gañadoras?




11 de dec. de 2022

1 de dec. de 2022

Dinámica de grupo: Estudar para qué?

Alumnado de diferentes cursos da ESO así como de 1º de bacharelato asistiron a unha dinámica de grupo na que se abordou o tema: "¿Estudiar para qué?", co fin de que o alumnado reflexione e coñeza as diferentes opcións académicas que teñen a súa dispoñibilidade para proseguir coa súa vida académica.

                                                                           









                                                        


22 de nov. de 2022

A ESMORGA, ROTEIRO LITERARIO POR OURENSE

 O pasado venres o alumnado de bacharelato e a súa profesora de galego, acompañados por un guía da oficina municipal de turismo de Ourense percorreron os escenarios máis emblemáticos da novela A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, onde  leron as placas de cerámica  que reproducen fragmentos desta obra literaria. 




20 de nov. de 2022

A ESCALEIRA 25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres celébrase cada ano o 25 de novembro, dando visibilidade a esta lacra social. Este ano o IES de Quiroga encheu as escaleiras de frases contra a Violencia de Xénero.


O alumnado de plástica prepara o cartel que acompañara os libros con esta temática que seleccionaron os voluntarios e as voluntarias da biblioteca.



EXPOSICIÓN DE LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA



O voluntariado rotulou  as mensaxes para expoñelas nos chanzos das escaleiras do centro. A maioría das  linguas do centro aparecen reflexadas nos carteis (galego, castelán, francés, inglés, moldavo,ucraíno...)





























Xa rematamos os carteis, vamos a colocalos nos chanzos das escaleiras.













O 25 de novembro, alumnado e profesorado gardamos un minuto de silencio como mostra de respecto e loito polas mulleres víctimas da violencia de xénero.





13 de nov. de 2022

VISIBILIZANDO AS MULLERES, 6ª SEMANA

 Pistas que corresponden á semana do 14 ao 18 de novembro.


1ª PISTA


2ª PISTA


3ª PISTA


                                4º  PISTA


5º PISTA