O alumnado de 3º ESO na materia de Proxecto Competencial en colaboración con Biblioquiroga e proxecta Donas de si, realizou un marcapáxinas onde, mediante un código QR se pode acceder a una selección de músicas compostas e interpretadas por mulleres do ámbito nacional e internacional. Ademais, tamén contamos coa axuda de Yulianna, unha alumna de 1º de ESO, que nos fixo un fermoso debuxo para ilustrar o noso marcapáxina.
Ao final deste trimestre o marcapáxina foi distribuído ao alumnado e o profesorado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario