21 de xuño de 2024

Despedida curso 23/24!

 Finalizamos o curso entregando unhos pequenos agasallos e diplomas aos voluntarios/as da biblioteca e club de lectura polo seu esforzo e traballo ao longo do curso!














20 de xuño de 2024

XORNADA LITERARIA NO IES DE QUIROGA


Onte, o alumnado do club de lectura xuvenil e adultos e voluntariado da biblioteca tiveron un encontro coa escritora galega Berta Dávila Entre todos comentaron o seu proceso creativo, en que se inspirou ou cales foron as súas maiores dificultades á hora de escribilos. Os adultos leron a súa última obra “Ferida imaxinaria” e o club de lectura xuvenil “Un elefante na sala de estar”. Antes diso, Berta foi á Radio do IES de Quiroga Onda Brava, onde Araceli e Aitana fixéronlle unha entrevista.













17 de xuño de 2024

Xornada interxeracional na aula CEMIT


Hoxe, o alumnado de tecnoloxía de 4º da ESO e voluntarios/as da biblioteca, desenvolveron unha actividade na aula CEMIT da casa da cultura que forma parte do Proxecta Pasaporte Solidario no que participa o centro. Foi unha actividade interxeracional na que os máis novos/as ensinaron ós máis maiores a manexar o wahtsapp. Quedamos encantados coa experiencia!





6 de xuño de 2024

Xornada de lectura nos coles!

Un ano máis, os/as voluntarios/as de biblioquiroga e os membros do club de lectura e como parte do Plan Proxecta Pasaporte Solidario, visitaron o CEIP de Quiroga e o CEIP de San Clodio para que os/as máis pequenos/as disfrutaran dunhas fermosas lecturas. Aproveitando que onte foi o Día do Medio Ambiente, varios libros tiveron esa temática, mentres que outros, mostraban a importancia de que debemos respetar as ideas que cada persoa ten. Foi moi divertido e significativo! Prometemos voltar o curso que vén! 

San Clodio









Quiroga









2 de xuño de 2024

O alumnado de 6º de EP coñece o IES de Quiroga!

O mércores 29 de maio, o alumnado de 6º do CEIP de Quiroga e do CEIP de San Clodio, achegouse ó noso IES para coñecer as instalacións e para relacionarse cos seus futuros compañeiros/as. 

No salón de actos, fixeron unha pequena charla-coloquio coa orientadora, a cal lle solventou as dúbidas surxidas. Acto seguido, visitaron o laboratorio de bioloxía e coñeceron o funcionamento da biblioteca da man dos/as voluntarios/as e da coordinadora. Como agasallo, fixeron chapas, que eles mesmos fixeron coa axuda dos voluntarios, cos seus nomes e co noso Ourileo. Vémonos en setembro!