6 de xuño de 2024

Xornada de lectura nos coles!

Un ano máis, os/as voluntarios/as de biblioquiroga e os membros do club de lectura, visitaron o CEIP de Quiroga e o CEIP de San Clodio para que os/as máis pequenos/as disfrutaran dunhas fermosas lecturas. Aproveitando que onte foi o Día do Medio Ambiente, varios libros tiveron esa temática, mentres que outros, mostraban a importancia de que debemos respetar as ideas que cada persoa ten. Foi moi divertido e significativo! Prometemos voltar o curso que vén! 

San Clodio









Quiroga









Ningún comentario:

Publicar un comentario