31 de maio de 2023

ENQUISA DA BIBLIOTECA

 Xa case remata o curso, e como outros anos dende a biblioteca pedimos ao alumnado e profesorado que realice unha pequena enquisa para valorar o funcionamento e sobre todo para mellorar de cara ao vindeiro ano. 

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!!

Enquisa para alumnos e alumnas preme en alumnado!!!


Enquisa para profesores e profesoras preme en profesorado!!




Reto literario maio: Non penses nun elefante rosa

 Superamos o último reto de maio, un libro escrito por unha escritora galega do século XXI. O libro elixido foi:  Non penses nun elefante rosa da autora Antía Yañez.









Visitando o futuro IES

 Hoxe o alumnado de 6º dos centros adscritos CEIP de Quiroga e CEIP de San Clodio fixeron unha visita ao que será o seu instituto o vindeiro curso. O alumnado de 1º da ESO respondeu ás dúbidas que traían sobre a secundaria, visitaron todas as estancias como a biblioteca ou a radio na biblio contando con Ledicia (1º ESO B) como guía e fixeron unhos experimentos no laboratorio de bioloxía coa profesora Bea e alumnado de 1º da ESO.














29 de maio de 2023

QUIROGA TERRITORIO LITERARIO

O alumnado do IES de Quiroga colaborou co proxecto "Quiroga territorio literario" unha ruta literaria que percorre lugares vinculados con seis escritores relacionados con estas terras: Pura e Dora Vázquez, Ernesto Guerra da Cal, Eduardo Moreiras, Luis Losada, Ánxel Fole  e Manuel María. A colaboración do alumnado consistiu na gravación de fragmentos das obras destes escritores que se poderán escoitar neste roteiro literario.









MITOS GREGOS

  

"O rapto de Europa""o laberinto de Creta" e "o voo de Ícaro" son só algúns dos mitos gregos que se coñecen. Queres saber máis sobre eles? Logo o alumnado de 1º de ESO recoméndache o libro titulado Mitos griegos, de María Angelidou que poderás encontrar na biblioteca. A partir del confeccionaron as súas propias maquetas. Non te perdas a súa exposición no primeiro andar!































23 de maio de 2023

Obradoiro Talento Mozo 2023

 O alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a unha charla como parte do Obradoiro  Talento Mozo onde coñeceronas experiencias de Silvia e Alba como estudantes e traballadoras. O seu exemplo deulles un pulo nas súas capacidades e descubrir a súa vocación nun futuro!





17 de maio de 2023

Letras Galegas 2023

 

Festival Letras Galegas 2023



No día de hoxe, celebrouse no IES de Quiroga un festival para conmemorar o día das Letras Galegas. Todo isto co gallo de disfrutar da nosa lingua. Ademais contamos con moitas sorpresas!

Dito festival contou coa colaboración e participación do alumnado do centro. Os nosos presentadores Nadia e Manuel Antonio (3º ESO) foron os condutores do festival. 




Deron paso á primeira actuación, unha obra de teatro orixinal representada polo alumnado de 1º da ESO B. Unha obra na que se pretende facer un concurso de éxito na TVG cun orzamento baixísimo polo que todo sae... regular!





A continuación, o alumnado de 1º ESO A realizou un vídeo facendo un breve resumo da vida de Franciso Fernández del Riego.

Vídeo Francisco Fernández del Riego- 1º ESO A

Ademáis, durante este acto, realizouse a entrega de premios ós gañadores/as de diferentes concursos organizados ó longo do curso en colaboración cá biblioteca ou có Proxecta Donas de sí. Destacando entre outros o concurso de poesía ou o marcapáxinas para celebrar o Día da Ilustración que este ano adicábase a María Antonia Dans.

- Premio polo Concurso de “As donas do Nadal” foi para Natalia (4º da ESO) e Yulliana (1º ESO A).



- Premio do Concurso de Poesía foi para Miguel (2º ESO).



- O premio “Adiviña a personaxe” é para Nadira (4º ESO).



-O premio do Concurso de Marcapáxinas foi para Alejandro (2º ESO).


-O premio do Concurso da Xincana "Protagonistas das TIC" foi para Hugo López, Germán e Lucho (2º ESO B) e Miguel, Noelia e David (2º ESO A)



Unha das grandes sorpresas foi a actuación musical orgnizada polo profesor Marcelo xunto con alumnado de todas as etapas educativas. As guitarras: Anxo, Hugo Álvarez e Marce, Brais ao baixo, David á pandereta, Leo á percusión, Lena ao piano e Yulliana cantando para todos nós en galego!




A función final foi unha sorpresa na que o profesor Marcelo actuou con Marisa cunha divertidísima obra de teatro chamada "Ganas de reñer".




 O voluntariao da biblioteca fixo unha selección de obras do autor homanaxeado este ano e outra titulada "As Letras das Mulleres" na que se expuxeron obras de escritoras galegas.