31 de xan. de 2023

Reunión Club de Lectura Adultos e presentación da seguinte actividade

 O vindeiro venres 3 de febreiro o club de lectura para adultos do IES de Quiroga reunirase para comentar o libro que leron "Esperando al Diluvio" da autora Dolores Redondo.


Ademais, a coordinadora Aldara presentará oseguinte libro proposto para o club de lectura "Non penses nun elefante rosa" así como a actividade na que se participará: a I Velada Literaria organizada pola Libraría Agrasar en Monforte de Lemos. Onde a autora Antía Yáñez presentará e falará sobre dito libro e aproveitaremos para que nos asine algún exemplar para a biblioteca do IES de Quiroga.




Reto literario Biblioquiroga- Xaneiro

 


Finaliza xaneiro e con el, o primeiro reto literario que propón Biblioquiroga: unha novela histórica con protagonista feminina. O Club de lectura participou neste reto e a súa elección estivo clara: A bibliotecaria de Auschwitz. Esta novela relata a historia dunha rapaza apasionada polos libros que debido a súa orixe xudía termina no campo de concentración de Auschwitz onde, unha vez máis, os libros non serán simplemente un pasatempo senón un símbolo de rebeldía contra o réxime nazi. Ademais conta coa súa versión en cómic.
Ambos dispoñibles na biblioteca do IES de Quiroga.
Para coñecer as actividades que se traballaron dende o Club de Lectura ao redor deste libro, visite Club de Lectura IES Quiroga


Visita o CEIP da Pobra do Brollón

  O pasado mércores (24/01/23) tres profesores do IES de Quiroga, Fabio, Roberto e Marcelo visitaron o CEIP da Pobra do Brollón para ver "en vivo" o funcionamento da "Radio na Biblio". Dori, a directora do colexio, explicou tanto os aspectos técnicos como a dinámica de traballo e deixou constancia do gran interese que esta actividade esperta entre o alumnado. De feito, estase convertendo nun complemento perfecto a todo tipo de actividades cotiás: 
  • faise un traballo de ciencias... grávase na radio
  • lese un libro en galego... faise un resumo para gravalo na radio
  • estúdase algo concreto de historia... búscase unha persoa experta para entrevistala na radio
   En resumo, poderíase dicir que a "Radio na Biblio" é un paso máis para afianzar a Biblioteca como punto de dinamización dos centros escolares. Por este motivo, en breve... porase en marcha no IES de Quiroga!







27 de xan. de 2023

Entroido

 


O 17 de febreiro celebramos o desfile e concurso de entroido literario no que participou todo o IES de Quiroga, tanto alumnado como profesorado e perosoal non docente. Tal e como as bases explicaban, debían imitar a personaxes dalgún libro, película ou serie.





















Contamos como xurado con: Germán representando al alumnado, Brais representando ao profesorado e Conchi representando ao persoal non docente.





Os premios foron:
Premio ao disfraz máis divertido: os profes Rosi, Roberto e o noso conserxe Jose.
Premio ao disfraz máis orixinal: 1º de Bach coa xungla
Premio ao mellor disfraz: 3º da ESO con Shrek.






21 de xan. de 2023

Concurso de poesía. Día da Candeloria: o día no que casan os paxariños.

 O dous de febreiro celébrase o día da Candeloria é o tempo no que casan os paxariños, festa do amor. Este día tamén é considerado como preludio da chegada da primavera de o renacer da natureza.  Esta data está presente na nosa literatura e no noso refraneiro

"A Candeloria"
Na catedral do abrente
hoxe casan os paxaros,
con nubes de neve e ouro
está o ceo galanado.
        Luis Amado Carballo, Proel (1924)

Tamén son moitos os refráns que fan alusión a esta celebración:

"Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola."
"A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa."
"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar a mitade do inverno está porpasar."


Vamos celebrar este día cun concurso de poesía.





DÍA DA PAZ

 Todo o centro vai  colaborar na  conmemoración do día da Paz facendo en origami pombas da Paz, que decoraremos coa bandeira dun país en conflicto e unha mensaxe de paz. Todas as pombas colgaran nos corredores do centro.

As pombas irán acompañadas dunha selección de poemas de PAZ de autores e autoras recoñecidas.






Doutra banda o voluntariado da biblioteca realizou unha exposición de libros  con esta temática "A Paz"-



15 de xan. de 2023

VISIBILIZANDO AS MULLERES. 11ª SEMANA


Semana do 16 ao 20 de xaneiro.

1ª PISTA 

2ª PISTA 


3ª PISTA 


4ª PISTA



5ª PISTA