31 de xan. de 2023

Visita o CEIP da Pobra do Brollón

  O pasado mércores (24/01/23) tres profesores do IES de Quiroga, Fabio, Roberto e Marcelo visitaron o CEIP da Pobra do Brollón para ver "en vivo" o funcionamento da "Radio na Biblio". Dori, a directora do colexio, explicou tanto os aspectos técnicos como a dinámica de traballo e deixou constancia do gran interese que esta actividade esperta entre o alumnado. De feito, estase convertendo nun complemento perfecto a todo tipo de actividades cotiás: 
  • faise un traballo de ciencias... grávase na radio
  • lese un libro en galego... faise un resumo para gravalo na radio
  • estúdase algo concreto de historia... búscase unha persoa experta para entrevistala na radio
   En resumo, poderíase dicir que a "Radio na Biblio" é un paso máis para afianzar a Biblioteca como punto de dinamización dos centros escolares. Por este motivo, en breve... porase en marcha no IES de Quiroga!







Ningún comentario:

Publicar un comentario