21 dic 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 

Estas son as recomendacións lectoras de Biblioquiroga para o Nadal e o resumen das actividades do 1º trimestre.













MULLERES ARTISTAS PINTORAS

 

No traballo "Artistas pintoras" o alumnado de 4º de ESO de educación plástica e visual, tiñan que escoller o cadro dunha artista, no que deben facer un resumo da súa biografía, un comentario formal da obra e outro persoal. Todos estos textos enmarcan a obra nunha xanela, na que se permanece pechada vemos o nome da autora, tìtulo da obra e a súa biografía e se a abrimos podemos contemplar o cadros cos comentarios a cada lado.

As artistas escollidas foron: Maruja Mallo con "Sorpresa do trigo", Sofonisba Anguissola "Lucía, Minerva e Europa Anguisola xogando ao xadrez", Remedios Varo con "Papilla estellar", Tamara Lempicka "Autorretrato en el Bugatti verde", Artemisa co  "Autorretrato como alegoría de la pintura" e Sonia Delaunay ca obra "flamenco cantora".












OPS! O português simples

 O noso alumnado puido gozar  dun obradoiro de portugués sinxelo, a través do que descubriron as semellanzas entre a nosa fala e a do país veciño, e algúns elementos que poden servir para axudar a que os galegofalantes nativos comprendan o portugués e poidan comezar a falalo sen esforzo.

Ademais, explicáronnos a utilidade de aprender linguas, especialmente aquelas que están tan próximas á nosa, para favorecer o noso encontro e comprensión doutras culturas.

Tamén tivemos a oportunidade de escoitar unha canción en portugués, e comprender canto tiñamos aprendido!











12 dic 2021

VISIBILIZANDO AS MULLERES. 9ª SEMANA

 

Semana do 13 ao 17 de decembro


1ª PISTA


                 2ª PISTA


3º PISTA

4ª PISTA


5ª PISTA




11 dic 2021

Parabéns a Nuria!

 Unha alumna do noso instituto gañou o IX Premio de Ensaio Subversivo "Guillerme Domínguez"!

O premio, que xa ten unha longa traxectoria, é o máis prestixioso premio de ensaio para o alumnado da educación secundaria de Galicia. Nesta edición, o premio contou con moreas de participantes de toda Galicia, o que fala da boa saúde do pensamento na nosa terra.

A alumna Nuria Ramos dos Anxos, de 2º de Bacharelato, gañou o primeiro premio deste certame cun ensaio que reivindica o xogo como instrumento para achegarse ao mundo e transformalo, e que nos invita a adoptar a ollada dun cativo que xoga, aínda que a nosa idade e as nosas ocupacións parezan poñérnolo difícil...

(Podedes consultar aquí a noticia na que a Voz se fai eco do premio).


Parabéns para Nuria, de todo corazón!

Deixámosvos cunhas fotos do evento de entrega de premios...





1 dic 2021

XOGO INTERACTIVO "MULLERES PROTAGONISTAS DAS TIC"

  O alumnado de 3º de ESO realizou unha serie de Genially para dar visibilidade ás  mulleres que foron e son  protagonistas das Tic. Grazas a esta actividade o alumnado puido coñecer protagonistas femininas das tic, unha forma de espertar entre as rapazas e os rapaces as vocacións tecnolóxicas.


1ª Protagonista

2ª Protagonista

3ª Protagonista

4ª Protagonista

5ª Protagonista

6ª Protagonista

7ª Protagonista

8ª Protagonista

9ª Protagonista

1Oª Protagonista

11ª Protagonista

12ª Protagonista

13ª Protagonista


NOVEMBRO MES DA CIENCIA. EXPOSICIÓNS DE OBRAS CIENTÍFICAS


 EXPOSICIÓNS DE OBRAS DE PROTAGONISTAS FEMININAS


Un grupo de alumnas voluntarias seleccionou varios libros nas que as protagonistas son mulleres científicas, matemáticas, inventoras ou que están relacionadas coas tic.




EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIAS

O alumnado voluntario fixo unha selección de obras científicas da biblioteca para expoñelas na entrada do centro.






XINCANA: PROTAGONISTAS DAS TICS

  PREPARACIÓN DA XINCANA.

O departamento de Tecnoloxía, en colaboración cos proxectas, As rapazas nas Tics, Donas de si e Biblioquiroga, realizou co alumnado de 3º de ESO un traballo de investigación sobre 15 mulleres nas TICS. 

Para isto prepararon unhas tarxetas con pistas das citadas mulleres, que serán empregadas para facer un xincana co alumnado de 2º ESO. 



XINCANA

O curso de 2º da ESO dividiuse en 7 equipos de 3 persoas. As pistas colocáronse en diferentes puntos do centro e a finalidade era que cada un dos equipos descubrise a meirande cantidade de mulleres posible. Para buscar as pistas cada un dos equipos tiña un plano do centro para orientarse, e nel indicábase cal era o punto de saída e o percorrido para atopar as seguintes pistas.








O equipo gañador foi o formado por: Araceli, Rafael e Joan. 


Entrega de premios aos participantes





30 nov 2021

O CAMIÑO NON É A VIOLENCIA. 25 N " DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER"

 Varias foron as actividades que tiveron lugar no IES para conmemorar o 25 de novembro, "Día contra a violencia machista"  e manifestar a nosa repulsa a esta lacra 

O alumnado da ESO recolleu pedras que pintou de cor violeta, para posteriormente escribir o nome das mulleres asasinadas este ano, e  recordar todas as mulleres e os fillos e as fillas que son víctimas desta violencia e formar con estas pedras un camiño cara a non violencia.













No patio do IES, nos recreos, foronse colocando as pedras, simulando un camiño de non violencia.















LEO, PENSO E REXEITO A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado voluntario da biblioteca preparou unha exposición de libros que tratan o tema da violencia machista.



















CHARLA INFORMATIVA "VIOLENCIAS SEXUAIS".

O día 1 de decembro impartiuse unha charla informativa, subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade, que tivo lugar  no salón de actos do IES, para o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato, sobre as agresións sexuais. Esta charla  correu a cargo de Mª Angélica Mercado, especialista na materia.