30 de nov. de 2021

O CAMIÑO NON É A VIOLENCIA. 25 N " DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER"

 Varias foron as actividades que tiveron lugar no IES para conmemorar o 25 de novembro, "Día contra a violencia machista"  e manifestar a nosa repulsa a esta lacra 

O alumnado da ESO recolleu pedras que pintou de cor violeta, para posteriormente escribir o nome das mulleres asasinadas este ano, e  recordar todas as mulleres e os fillos e as fillas que son víctimas desta violencia e formar con estas pedras un camiño cara a non violencia.













No patio do IES, nos recreos, foronse colocando as pedras, simulando un camiño de non violencia.















LEO, PENSO E REXEITO A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado voluntario da biblioteca preparou unha exposición de libros que tratan o tema da violencia machista.



















CHARLA INFORMATIVA "VIOLENCIAS SEXUAIS".

O día 1 de decembro impartiuse unha charla informativa, subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade, que tivo lugar  no salón de actos do IES, para o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato, sobre as agresións sexuais. Esta charla  correu a cargo de Mª Angélica Mercado, especialista na materia.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario