PREPARACIÓN DA XINCANA.
O departamento de Tecnoloxía, en colaboración cos proxectas, As rapazas nas Tics, Donas de si e Biblioquiroga, realizou co alumnado de 3º de ESO un traballo de investigación sobre 15 mulleres nas TICS.
Para isto prepararon unhas tarxetas con pistas das citadas mulleres, que serán empregadas para facer un xincana co alumnado de 2º ESO.
XINCANA
O curso de 2º da ESO dividiuse en 7 equipos de 3 persoas. As pistas colocáronse en diferentes puntos do centro e a finalidade era que cada un dos equipos descubrise a meirande cantidade de mulleres posible. Para buscar as pistas cada un dos equipos tiña un plano do centro para orientarse, e nel indicábase cal era o punto de saída e o percorrido para atopar as seguintes pistas.
O equipo gañador foi o formado por: Araceli, Rafael e Joan.
Entrega de premios aos participantes
Ningún comentario:
Publicar un comentario