Unha alumna do noso instituto gañou o IX Premio de Ensaio Subversivo "Guillerme Domínguez"!
O premio, que xa ten unha longa traxectoria, é o máis prestixioso premio de ensaio para o alumnado da educación secundaria de Galicia. Nesta edición, o premio contou con moreas de participantes de toda Galicia, o que fala da boa saúde do pensamento na nosa terra.
A alumna Nuria Ramos dos Anxos, de 2º de Bacharelato, gañou o primeiro premio deste certame cun ensaio que reivindica o xogo como instrumento para achegarse ao mundo e transformalo, e que nos invita a adoptar a ollada dun cativo que xoga, aínda que a nosa idade e as nosas ocupacións parezan poñérnolo difícil...
(Podedes consultar aquí a noticia na que a Voz se fai eco do premio).
Parabéns para Nuria, de todo corazón!
Deixámosvos cunhas fotos do evento de entrega de premios...
Ningún comentario:
Publicar un comentario