21 de dec. de 2021

OPS! O português simples

 O noso alumnado puido gozar  dun obradoiro de portugués sinxelo, a través do que descubriron as semellanzas entre a nosa fala e a do país veciño, e algúns elementos que poden servir para axudar a que os galegofalantes nativos comprendan o portugués e poidan comezar a falalo sen esforzo.

Ademais, explicáronnos a utilidade de aprender linguas, especialmente aquelas que están tan próximas á nosa, para favorecer o noso encontro e comprensión doutras culturas.

Tamén tivemos a oportunidade de escoitar unha canción en portugués, e comprender canto tiñamos aprendido!











Ningún comentario:

Publicar un comentario