No traballo "Artistas pintoras" o alumnado de 4º de ESO de educación plástica e visual, tiñan que escoller o cadro dunha artista, no que deben facer un resumo da súa biografía, un comentario formal da obra e outro persoal. Todos estos textos enmarcan a obra nunha xanela, na que se permanece pechada vemos o nome da autora, tìtulo da obra e a súa biografía e se a abrimos podemos contemplar o cadros cos comentarios a cada lado.
As artistas escollidas foron: Maruja Mallo con "Sorpresa do trigo", Sofonisba Anguissola "Lucía, Minerva e Europa Anguisola xogando ao xadrez", Remedios Varo con "Papilla estellar", Tamara Lempicka "Autorretrato en el Bugatti verde", Artemisa co "Autorretrato como alegoría de la pintura" e Sonia Delaunay ca obra "flamenco cantora".
Ningún comentario:
Publicar un comentario