O dous de febreiro celébrase o día da Candeloria é o tempo no que casan os paxariños, festa do amor. Este día tamén é considerado como preludio da chegada da primavera de o renacer da natureza. Esta data está presente na nosa literatura e no noso refraneiro
"A Candeloria"
Na catedral do abrente
hoxe casan os paxaros,
con nubes de neve e ouro
está o ceo galanado.
Luis Amado Carballo, Proel (1924)
Tamén son moitos os refráns que fan alusión a esta celebración:
"Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola."
"A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa."
"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar a mitade do inverno está porpasar."
Vamos celebrar este día cun concurso de poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario