21 de mar. de 2023

Día da poesía 21 Marzo- Obradoiro Noa Moreira

 Para celebrar o Día da poesía o alumnado do Club de Lectura e voluntarios/as da biblioteca asistiron a un Taller sobre Iniciación á poesía impartido pola poeta salcedana Noa Moreira.

Comezou a xornada cunha entrevista á poeta por parte das alumnas Claudia e Naiara onde fixeron preguntas como: algunha vez lle adicaste un poema a alguén? Pódese vivir da poesía? Ou Lígaches algunha vez grazas á poesía?







No obradoiro, recibimos á poeta cunha pequena sorpresa na que Katia e Carla recitaron parte do seu libro “Meteoro Imantado” acompañadas no piano pola coordinadora do club de lectura Aldara.





A continuación, durante o obradoiro alumnado e profesorado aprenderon as características da poesía, que é o que fai que un poema chegue ou non ao público e todos e cada un deles escribiron diferentes tipos de poemas: acrósticos, haikus… que leron e compartiron entre todos.









Finalmente e a modo de agradecemento, Noa regaloulles a cada un dos rapaces e rapazas un marcapáxinas feito por ela cun dos seus poemas escrito e asinou varios exemplares do seu libro tanto para a biblioteca do IES como para aqueles que o mercaron.










Ningún comentario:

Publicar un comentario