30 de mar. de 2020

UN MUNDO DE LECTURAS


Nestes días de confinamento, queremos aportar unha serie de iniciativas e enlaces  para que gocedes do mundo da lectura.



  •  Fomento á lectura dende Facebook: con acceso a unha ampla lista.
  • Planeta de libros: dende a editorial Planeta, irán actualizando a lista de títulos dispoñibles a un "click".
  •  Un portal de clásicos: a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Sempre é un bo momento para ler Don Juan Tenorio, por exemplo.
  • Roca Editorial: con acceso a títulos de temáticas moi variadas: tenis, fútbol, nazismo, detectives... Tedes que pinchar en cada libro: algúns son gratuitos e outros teñen unha gran baixada de prezo no formato electrónico
  •  Blakie Books: autores comparten, voluntariamente e a través de Twitter, algúns dos seus libros en odf. O primeiro, James Rhodes con Instrumental.
  • Penguin Random: una vez a la semana regalarán audiolibros: uno para público adulto y otro para público infantil.
  • Editorial Anagrama: ofrece cinco libros electrónicos para comprar gratuitamente.
  •  Errata Nature: editoria que libera outros quince títulos máis, clasificados por temáticas e xéneros. Moi, moi interesante.
  •  Editorial Kailas: cada semana, tres novos títulos.
  •  Esdrújula Ediciones: selección de libros gratis (e algúns moi económicos).
  • https://dolmeneditorial.com/: indican que cada día ofrecerán un libro. 

Para os mais pequenos:


- Pintar-Pintar editorial: libros infantís, preciosos e ilustrados, para ler en rede e traballar a imaxinación dos máis pequenos da casa.



Para os amantes do cómic:


Editorial Hirukoa: hai moitos gratuitos e outros a precios módicos (entre os 0,99 e os 4,99 euros).

- Karras: cómic, cómic e cómis gratuitos en formato pdf ata o 30 de marzo.

- Astiberri ediciones: ofrece o cómic La balada del no




En galego:


-      https://blog.xerais.gal/catro-titulos-de-xerais-para-abrirlle-a-porta-a-lectura-en-galego/ Xerais pon a disposición das familias e do profesorado catro títulos en galego da literatura infantil e xuvenil.





Agradecemos ao blog de Julián Marquina e a Libromanía  a súas listas, que nos axudaron  a completar a lista . Ao final da entrada do seu blog, recopila tamén algúns autores que ofrecen algunha das súas publicacións: Rosa Montero, Juan Gómez-Jurado, Blas Ruiz Grau... Non deixedes de visitar o blog de Marquina!

Ningún comentario:

Publicar un comentario