O día 27 de abril celebramos o Día Internacional das rapazas nas TIC. Unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
O departamento de Tecnoloxía, en colaboración co Proxecta Donas de si e Biblioquiroga organizou varias actividades para celebrar este día:
Unha exposición de libros relacionados que están esperando por vos na Biblioteca xunto cos dous novos libros adquiridos para o IES!
Tamén tivemos un Día de Scratch no recreo para achegar ao noso alumnado o mundo das TIC !!
E por último fixemos co alumnado de 2ºESO o Circuito de Protagonistas das TIC para dar a coñecer e recoñecer o papel das mulleres no ámbito das TIC ao longo da historia e así motivar as nosas alumnas a seguir os seus pasos. Noraboa os gañadores : Germán, Hugo López e Lucho de 2º B e Miguel, Noelia e David de 2º A.
Ningún comentario:
Publicar un comentario