Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Seguridade Viaria, o 10 de xuño o alumnado da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha interesante charla impartida por Félix, formador en seguridade viaria da asociación AESLEME.
Ao longo da sesión abordáronse cuestións fundamentais relacionadas coa seguridade na condución e na mobilidade, facendo especial fincapé na importancia da prevención e na necesidade de adoptar comportamentos responsables tanto para protexer a nosa propia seguridade como a das persoas que nos rodean.
Tamén se reflexionou sobre as posibles consecuencias dos accidentes de tráfico, desde lesións de diversa gravidade ata a perda da vida, incidindo na importancia da concienciación e da toma de decisións seguras no día a día.
A actividade resultou de gran interese tanto para o alumnado como para o profesorado, que participou activamente e valorou moi positivamente a experiencia. A charla tivo unha excelente acollida e confiamos en que as aprendizaxes e reflexións compartidas durante esta xornada perduren no tempo, contribuíndo a fomentar hábitos seguros e responsables entre os nosos rapaces e rapazas.
Agradecemos a Félix e a AESLEME a súa visita e o importante labor de sensibilización que realizan a favor dunha mobilidade máis segura para todas e todos.
.png)




Ningún comentario:
Publicar un comentario