O departamento de galego, en colaboración con Biblioquiroga, puxo como lectura obrigatoria do 3º trimestre, no 1º curso da ESO, o libro de "Escarlatina, a cociñeira defunta". Como traballo da lectura, o alumnado elaborou uns postres terroríficos convidando ao profesorado que lle imparte clase. Desta actividade xurdiu un xantar de convivencia entre profesorado e alumnado. Os primeiros puxeron a parte salgada e a rapazada sorprendeu con terroríficos doces.






.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario