11 de xuño de 2026

Visita do alumnado de 6º de Educación Primaria ao IES

No día de hoxe tivemos a agradable visita do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Quiroga e do CEIP de San Clodio, que acudiron ao noso centro acompañados polas directoras dos seus respectivos colexios e pola orientadora educativa.

Para recibilos contamos coa inestimable colaboración de dúas alumnas voluntarias de 3º da ESO, que guiaron aos visitantes nun percorrido polas diferentes instalacións do IES, permitíndolles coñecer de primeira man os espazos que utilizarán o vindeiro curso.


O alumnado contou cunha charla de orientación académica, adaptada a este importante momento de transición entre a Educación Primaria e a Educación Secundaria Obrigatoria. Durante a sesión tamén se lles entregou un tríptico informativo con datos de interese para as familias, relacionado co funcionamento do centro, as características da etapa educativa, os canles de comunicación e coordinación co instituto, entre outros aspectos relevantes.

As alumnas e alumnos visitates desfrutaron dun tempo de lecer durante o recreo, compartindo espazos cos que serán os seus novos compañeiros e compañeiras o próximo curso, favorecendo así unha primeira toma de contacto coa comunidade educativa do IES.

Como peche da xornada, desde a Biblioteca do centro fíxoselles entrega dun agasallo moi especial de benvida: un marcapáxinas de madeira personalizado co seu nome gravado.




Foi un verdadeiro pracer contar coa vosa visita. Agardámosvos moi pronto e desexámosvos un excelente remate de curso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario