Lemos a Rosalía!
Alumnado e profesorado xuntouse para ler poemas de Rosalía de Castro no seu día conmemorativo, o 28 de febreiro.
A alumna de 1º da ESO Yulliana Ilinova dibuxou a Rosalía de Castro, imaxe que se empregou para facer unhas pequenas libretas que se lle entregou ao alumnado como premio á súa participación no recitado de poemas da nosa escritora máis universal.
O voluntariado da biblioteca realizou un collage con varias imaxes da vida de Rosalía e fixo unha selección das súas obras para expoñelas no corredor do centro. Ademais decorou o corredor con imaxes e poemas de Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario