O alumnado de 1º ESO do IES participou o mércores 25 de maio e o alumnado de 2º ESO o xoves 26 de maio, no proxecto camiño xacobeo 21. Unha ruta polos territorios imaxinados.
A artista
plástica Lucía Loren, coordina unha proposta de Intervención Artística no
municipio de Quiroga, que ten como obxectivo principal contribuír ao
coñecemento e a divulgación da cultura e o patrimonio cultural.
A actividade
consistiu nunha presentación da alvariza, debuxos sobre papel de minerais e
flora da zona, realización de tarefas de construción sinxelas: arrimar pedras,
recheo con pedras pequenas en ocos, pequenas construcións con pedras e outros
materiais.
Agradecemos a
Lucía a invitación a participar neste proxecto.
Deixámosvos unhas
fotos do alumnado gozando da natureza no territorio do Xeoparque!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario