O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
O IES de Quiroga solicitou o programa Navega con Rumbo e o día 2 de maio acudiron ao Centro a impartir unha charla ao alumando de 1º e 2º da ESO para trata temas de seguridade na rede. Para que o alumnado poida navegar por internet de xeito seguro e coñezan os perigos aos que se expoñen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario