Non sabedes o que é o Día Internacional das Rapazas nas TIC?
É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
O día 28 de abril de 2022 celebrarase o Día Internacional das rapazas nas TIC, e dende o IES de Quiroga celebrarémolo asistindo a unha videoconferencia do Centro de Supercomputación de Galicia! A actividade foi organizada por Belen Armesto dende o proxecta "Rapazas emprendedoras nas Tics".
A actividade consistíu nun coloquio mediante multiconferencia web na que participaron 4 profesionais galegas que contaron, dun xeito ameno e polo miúdo a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros, as rapazas e rapaces de primaria e secundaria podían enviar as súas preguntas e inquedanzas en directo para poder ter ese diálogo directo con elas.
Pódese consultar máis informanción: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/
Ningún comentario:
Publicar un comentario