A actividade, realizada con 1º, 2º e 3º de ESO, expusose como unha iniciación á orientación de forma lúdica na materia de Educación Física, pero que implicou tamén ao resto das materias para facer un pequeno repaso do curso.
A actividade tivo unha duración de dúas sesións, aproveitando a primeira delas para amosarlles aos alumn@s un mapa do centro, e outro mapa dos exteriores (patios, pavillón...), e para explicala detidamente.
Na segunda sesión realizouse o propio xogo, comezando no pavillón, que era o punto de referencia. Unha vez establecidos os equipos, a cada equipo se lle daba o mapa visto na sesión anterior pero baleiro, soamente cun número cuberto en algún lugar do mapa. Os alumn@s tiñan que determinar de que lugar do instituto se trataba (biblioteca, sala de xogos, ximnasio, patio, salón de actos, aula de plástica...), e dirixirse alí (camiñando ou correndo).
Unha vez alí, ían ter que buscar e atopar un sobre agochado nese lugar, onde encontrarían tres preguntas das diferentes materias (matemática, lingua galega, castelá, inglesa ou francesa, bioloxía, física, historia, debuxo, tecnoloxía, música, educación física...), sobre algún aspecto traballado durante o curso.
Os alumn@s tiñan que escribir as respostas no seu folio e volver a deixar novamente o sobre no lugar correspondente, para que o próximo grupo puidese responder ás preguntas, todos os grupos tiñan que ir aos mesmos lugares e responder ás mesmas preguntas, pero en orde diferente).
Unha vez respondidas as preguntas regresaban ao pavillón onde se encontraban co profesor de Educación Física e con profesorado colaborador, aos que lles daban as respostas, se estás eran correctas, un membro do equipo tiña que facer unha proba física dalgún dos deportes realizados durante o curso. Ao finalizar , eengadían no seu mapa outro número, que indicaba o seguinte lugar ao que tiñan que dirixirse, e así sucesivamente ata encontrar todos os sobres. O equipo que atopase todos os sobres, respondese correctamente ás preguntas e realizase as probas, era o gañador.
A actividade foi realmente un éxito, o alumnado implicouse e traballou en equipo, ademais de pasalo ben, moverse e aplicar o aprendido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario