O Día Mundial da Poesía celébrase cada ano o 21 de marzo, a UNESCO adoptou por primeira vez esta data durante a Conferencia Xeral celebrada en París en 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.
Durante toda esta semana, celebrouse o Día Mundial da Poesía no IES con diversas actividades.
PINGAS DE POESÍA
O alumnado do IES de Quiroga decorou unha das paredes da entrada do centro con pingas de auga na que escribiron poemas nas diferentes linguas estudadas no centro.
OBRADOIROS
Co gallo do día da poesía no IES de Quiroga celebramos dous obradoiros literarios a cargo de Carmen Conde de Tarabela Creativa.
No primeiro co alumnado de 2º ESO, de poesía e violencia de xénero, o alumnado creou poemas partindo dunha noticia e dunha imaxe que ilustraban diversos aspectos de temáticas femininas, lgtbi ou racistas.
No segundo co alumnado de 3º e 4º ESO, de narración breve, Carmen ía explicando os distintos rasgos dun texto narrativo e o alumnado ía creando a súa propia historia incorporandolle as técnicas e os recursos que escollían de entre os que ela explicaba.
Deste xeito o alumnado aprendeu que a súa relación coa literatura pode ser non só recibila senón tamén creala e, que este acto de creación, se nós mesmos o experimentamos, lévanos a valorala máis.
Moitas das creacións que se fixeron sorprenderon pola súa boa factura.
VIDEOPOEMAS
Coa colaboración do Departamento de Lingua catelá e Literatura, o alumnado de 2º de ESO desenvolveu a súa creatividade coa realización dunha serie de videopoemas
Poema "Por debajo del agua" de José Ángel Valente.
Creación de Aitana
Videopoema de Manuel Antonio.
Poema "Contigo" de Luis Cernuda.
"No te quiero sino porque te quiero" Luis Cernuda.
Videopoema de Alejandra.
Videopoema de Simón.
"el sol, la rosa y el niño" de Miguel Hernández.
Videopoema de Celia.
Videopoema de Rafael
"Los mejores ojos", César Conto.
Creación de Araceli.
Videopoema "Qué hermosa está la mañana Leo!" , creación de Verónica.
O voluntariado da biblioteca, fixo unha seleccion de obras poéticas escrita por mulleres,, "Poesía en feminino".
Ningún comentario:
Publicar un comentario