9 de mar. de 2022

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER.

  O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil decidiron saír ás rúas de Nova York co lema "Pan e rosas" para protestar polas malas condicións laborais e reivindicar un recorte do horario e o fin do traballo infantil. Foi unha das primeiras manifestacións para loitar polos dereitos das mulleres. Este acto serviu para que as Nacións Unidas declararan en 1975 o 8 de marzo coma o Día Internacional da Muller. Son numerosos os actos que se celebran para conmemoralo. E como non no IES de Quiroga tamén o fixemos.

Propuxemos ao alumnado a gravación dun pequeno vídeos nos que falaran dunha muller do seu entorno (nai, avoa, amiga,...) explicando os valores que lles aporta esta muller. 

 




Dende Biblioquiroga, nos corredores do centro colocouse  unha exposición de libros con temática feminista, sobre mulleres relevantes, ...

 



Dende o departamento de debuxo, o alumnado de 1ºESO e 3º ESO realizou uns carteis con debuxos e mensaxes.










Dende o departamento de Francés o alumnado despois de realizar un traballo de investigación, gravou vídeos falando sobre diferentes mulleres relevantes en distintos ámbitos.

2º BAC








3º ESO















Ningún comentario:

Publicar un comentario