24 de abr. de 2024

DÍA DO LIBRO

 



O Día do Libro é un acontecemento que se celebra o 23 de abril e que coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega en 1616.

O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do Club de Lectura realizou unha exposición "Celebramo o Día do Libro, lendo os clásicos" na que fixo unha selección de obras clásicas presentes na nosa biblioteca.





















Para conmemorar este día, o alumnado de 1º de ESO elaborou carteis informativos na clase de Lingua Castelá sobre personaxes destacados da literatura universal, coma o Capitán Nemo, Oliver Twist, Jane Eyre, Ana Karenina ou Momo, entre outros. Nos seus traballos incluíron, ademais dunha imaxe representativa o nome do seu creador ou creadora e o título da novela que os deu a coñecer, así como unha breve explicación da súa historia. Estas ilustración colocáronse  na entrada do centro para acompañar a exposición das obras clásicas, realizada polos voluntarios da biblioteca e membros do club de lectura.

















No corredor do centro recolleron as recomendación lectoras de todo aquel que as quixo compartir.




OBRADOIRO DE TEATRO

Entre as actividades realizadas para celebrar o Día do Libro e tamén o Día do Teatro, o Equipo da biblioteca organizou para o alumnado de 2º de ESO  un obradoiro de teatro impartido polo actor e músico Vadzim Yukhnrvich, no que aprenderon técnicas de presenza corporal, quecemento da voz, xestión da respiración ou a transmitir emocións co noso corpo. 
Neste obradoiro convertéronse en samurais, en meigas, tiveron turbulencias nun avión e ata cruzaron un río con pedras.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario